EPVA 1 ESO
Tarefas
para a realización dunha curtametraxe
Traballo colaborativo de toma de datos e realización de debuxos para recrear
as escenografías.
Bloque 1.- Expresión plástica.
Bloque 1.- Expresión plástica.
O
alumnado deberá realizar coa fin de facer entrar en xogo as correspondentes competencias:
a)
Referido ao proceso creativo e de expresión gráfico plástica, en xeral traballará
na interpretacións de fotogramas dunha película ou en fotografías diversas empregando
puntos, liñas, planos, texturas visuais e cores.
b)
Practicará o debuxo da expresión das emocións a través dos xestos e posturas do
corpo encamiñada á creación de persoeiros, no caderno ou noutros soportes de
traballo, partindo ou non de obxectos ou seres vivos reais, folla modelo dos mesmos, banda deseñada, storyboard, fotonovela, claqueta, deseño
da portada e da contraportada audiovisual da curta con títulos, entradiña
animada, reparto e créditos e do cartaz
ou as entradas e invitacións da curtametraxe con diferentes niveis de iconicidade
empregando elementos de expresión
como o punto, a liña, o plano e a textura con calquera técnica plástica. Análise da forma no relativo
ao trazo, modalidade do debuxo, expresividade, estilo artístico
(realismo, abstracción e figuración).
c) Debuxará con puntos, liñas, planos ou texturas visuais obxectos
existentes na aula ou nun espazo calquera.
d) Estudios no caderno ou noutros soportes a partir da natureza da cor aplicado á síntese da luz e pigmentos a empregar na execución da curtametraxe, en especial no relativo á iluminación da escena, sombras propias e proxectadas e claroscuro con distintas técnicas e tamén en relación cos xéneros cinematográficos históricos; a luz como elemento de expresión, destacando diferentes tipos de luz, claves tonais, dirección, calidade e intensidade. Tamén imaxes fixas e proxectadas en movemento, cores e texturas en diversos recursos, tal como vestiario e decorados que acentúen a idea da curta no referido á codificación, relativa á temperatura, harmonías contrastes e ó simbolismo da cor. Empregará a cor para representar obxectos existentes na aula ou nun espazo calquera.

e) Empregará técnicas
secas, húmidas ou mistas para representar obxectos existentes na aula ou nun
espazo calquera.Productos
que teñan cabida na curtametraxe
con técnicas plásticas secas, húmidas e mixtas para executar os elementos
gráficos da curta nas súas diferentes etapas
de creación, execución e exposición, no referido á ao atrezo, vestiario, maquillaxe e decorados a empregar
na rodaxe.
Bloque
2.- Comunicación audiovisual.
O
alumnado deberá realizar coa fin de facer entrar en xogo as correspondentes
competencias:
a)
Reflexión en grupo sobre o proceso perceptivo e a transmisión da idea, referida
á mensaxe ou coñecemento, adaptado ao receptor
dos mesmos tendo en conta o significado e o significante
na linguaxe audiovisual e as funcións diversas das imaxes. Realizar unha proposta de imaxes
indicativas dos diferentes locais, aulas e espazos do centro ou o logo dunha
productora audiovisual.
b) Realizar
en forma de cómic ou mediante un storyboard unha secuéncia dunha a xornada dun
día lectivo do alumno. No caderno de traballo, anotacións de ensaios ou propostas
experimentando coas leis da percepción e outras, tal como: observación
analítica e funcional, relacións entre formas, efectos visuais (proximidade,
semellanza, continuidade, contraste e homoxeneidade), ilusións ópticas, figuras
cinéticas e imposibles.
c)
Creación do cartaz da curtametraxe, das entradas para o evento, como elemento
de comunicación visual e da publicidade multisensorial da mesma e en calquera
soporte e usando diversos formatos.
d)
Nun soporte dixital, realización de series fotográficas da curta como
fotonovela ou animacións.
e)
No caderno de traballo, realización do storyboard individual parcial ou total
como guion gráfico da curta para unha posta en común.
f)
Nun soporte dixital, realización da curtametraxe empregando diversos encadres,
fotogramas, traxectorias e movimentos ou posición relativa da cámara,
angulación e outros procesos na
dirección. Estructura narrativa da curta. Tamén se empregarán elementos da
linguaxe televisiva e multimedia para a promoción da curta, crendo un programa
ou unha canle na internet empregando tecnoloxías adecuadas diversas nas fases
do proceso de ensino aprendizaxe. Tamén se poderán explorar outros medios
audiovisuais na acción artística, tal como o land art, body art, happenings e
performances. Manifestación implicita ou explícita do patrimonio artístico en
relación cos elementos curriculares do bloque.
g)
Nun soporte dixital, montaxe dos elementos audiovisuais con tecnoloxías
diversas.
Bloque
3.- Debuxo técnico.
O
alumnado deberá realizar coa fin de facer entrar en xogo as correspondentes competencias:
a)
No caderno levantará planos de atrezo e mobiliario da época para realizar en láminas
co formato correspondente os planos de execución de todo elemento xeométrico
susceptible de aparecer na curta, tal como elementos de arquitectura, moblaxe,
decorados, atrezo, deseños de vestiario e outros, tendo en conta a proporción
dos encadres, traxectorias e angulacións xeométricas da cámara, proxección de
sombras para comprender a relación entre proxeccións e sistemas de
representación.
b)
Deseño no caderno dunha tipografía específica da curtametraxe, definindo
xeometricamente as formas das letras, números e símbolos, empregando trazados
xeometricos elementais, tal como polígonos, tanxencias e enlaces e tamen curvas
técnicas.
c)
En soporte dixital, no caderno de traballo ou lámina, emprego de redes
modulares nos deseños de pavimentos, cadros e outros elementos.
d)
Expresión de xiros, traslacións, en fondos e figuras ou traxectorias
desprazamentos, rodados con cámara dixital, secuencias de animacións, uso de
imaxes especulares na auga ou superficies reflectantes.
e)
Proxeccións e sistemas de representación explicados a través do emprego de
sombras proxectadas, en particular as proxeccións cilíndricas ortogonais e
oblicuas de volumes sinxelos segundo a temática da curtametraxe (vistas
diédricas, cabaleira e isométrica).
EPVA 3 ESO
Tarefas
para a realización dunha curtametraxe
Traballo colaborativo de toma de datos e
realización de debuxos para recrear as escenografías.
Bloque 1.- Expresión plástica.
Bloque 1.- Expresión plástica.
O
alumnado deberá realizar coa fin de facer entrar en xogo as correspondentes competencias:
a)
Referido ao proceso creativo, realizará unha choiva de ideas, no caderno
ou noutros soportes de traballo,
con base na experiencia persoal ou adaptadas con anotación
das mesmas por parte do alumnado en bosquexos e apuntamentos. Versará sobre o logo
da productora cunha pequena animación, os persoeiros, o vestiario, o atrezo, os sonidos, as
escenas da curta e as localizacións. Serán de carácter multisensorial e diverso
para unha discusión de grupo e posta en común.
b)
Creación dos persoeiros no caderno ou noutros soportes de traballo, partindo ou
non de obxectos ou seres vivos reais,
folla modelo dos mesmos, banda deseñada, storyboard, fotonovela, claqueta, deseño da portada e da
contraportada audiovisual da curta con títulos, entradiña animada, reparto e
créditos e do cartaz ou as entradas e
invitacións da curtametraxe con diferentes niveis de iconicidade empregando elementos de expresión
como o punto, a liña, o plano e a textura con calquera técnica plástica. Análise da forma no relativo
ao trazo, modalidade do debuxo, expresividade, estilo artístico
(realismo, abstracción e figuración).
c)
Estudios no caderno ou noutros soportes a partir da natureza da cor aplicado á síntese da luz e pigmentos a
empregar na execución da curtametraxe, en especial no relativo á iluminación da
escena, sombras propias e proxectadas e claroscuro con distintas técnicas e tamén en relación cos xéneros
cinematográficos históricos; a luz como elemento de expresión, destacando
diferentes tipos de luz, claves tonais, dirección, calidade e intensidade. Tamén imaxes fixas e proxectadas en movemento, cores e
texturas en diversos recursos, tal como vestiario
e decorados que acentúen a idea da curta no referido á codificación,
relativa á temperatura, harmonías contrastes e ó simbolismo da cor.
d)
Productos que teñan cabida na curtametraxe
con técnicas plásticas secas, húmidas e mixtas para executar os elementos
gráficos da curta nas súas diferentes etapas
de creación, execución e exposición, no referido á ao atrezo, vestiario, maquillaxe e decorados a empregar
na rodaxe.
Bloque 2.- Comunicación audiovisual.
Bloque 2.- Comunicación audiovisual.
O
alumnado deberá realizar coa fin de facer entrar en xogo as correspondentes competencias:
a)
Reflexión en grupo sobre o proceso perceptivo e a transmisión da idea, referida
á mensaxe ou coñecemento, adaptado ao receptor
dos mesmos tendo en conta o significado e o significante
na linguaxe audiovisual e as funcións diversas das imaxes.
b)
No caderno de traballo, anotacións de ensaios ou propostas
experimentando coas leis da percepción e outras, tal como: observación
analítica e funcional, relacións entre formas, efectos visuais (proximidade,
semellanza, continuidade, contraste e homoxeneidade), ilusións ópticas, figuras
cinéticas e imposibles.
c)
Creación do cartaz da curtametraxe, das entradas para o evento, como elemento
de comunicación visual e da publicidade multisensorial da mesma e en calquera
soporte e usando diversos formatos.
d)
Nun soporte dixital, realización de series fotográficas da curta como
fotonovela ou animacións.
e)
No caderno de traballo, realización do storyboard individual parcial ou total
como guion gráfico da curta para unha posta en común.
f)
Nun soporte dixital, realización da curtametraxe empregando diversos encadres,
fotogramas, traxectorias e movimentos ou posición relativa da cámara,
angulación e outros procesos na
dirección. Estructura narrativa da curta. Tamén se empregarán elementos da
linguaxe televisiva e multimedia para a promoción da curta, crendo un programa
ou unha canle na internet empregando tecnoloxías adecuadas diversas nas fases
do proceso de ensino aprendizaxe. Tamén se poderán explorar outros medios
audiovisuais na acción artística, tal como o land art, body art, happenings e
performances. Manifestación implicita ou explícita do patrimonio artístico en
relación cos elementos curriculares do bloque.
g)
Nun soporte dixital, montaxe dos elementos audiovisuais con tecnoloxías
diversas.
Bloque 3.- Debuxo técnico.
Bloque 3.- Debuxo técnico.
O
alumnado deberá realizar coa fin de facer entrar en xogo as correspondentes competencias:
a)
No caderno levantará planos de atrezo e mobiliario da época para realizar en láminas
co formato correspondente os planos de execución de todo elemento xeométrico
susceptible de aparecer na curta, tal como elementos de arquitectura, moblaxe,
decorados, atrezo, deseños de vestiario e outros, tendo en conta a proporción
dos encadres, traxectorias e angulacións xeométricas da cámara, proxección de
sombras para comprender a relación entre proxeccións e sistemas de
representación.
b)
Deseño no caderno dunha tipografía específica da curtametraxe, definindo
xeometricamente as formas das letras, números e símbolos, empregando trazados
xeometricos elementais, tal como polígonos, tanxencias e enlaces e tamen curvas
técnicas.
c)
En soporte dixital, no caderno de traballo ou lámina, emprego de redes
modulares nos deseños de pavimentos, cadros e outros elementos.
d)
Expresión de xiros, traslacións, en fondos e figuras ou traxectorias
desprazamentos, rodados con cámara dixital, secuencias de animacións, uso de
imaxes especulares na auga ou superficies reflectantes.
e)
Proxeccións e sistemas de representación explicados a través do emprego de
sombras proxectadas, en particular as proxeccións cilíndricas ortogonais e
oblicuas de volumes sinxelos segundo a temática da curtametraxe (vistas
diédricas, cabaleira e isométrica).
EPVA 4 ESO
Tarefas
para a realización dunha curtametraxe
Traballo colaborativo de toma de datos e
realización de debuxos para recrear as escenografías.
Bloque 1. Expresión plástica. -
Bloque 1. Expresión plástica. -
O
alumnado deberá realizar coa fin de facer entrar en xogo as correspondentes
competencias:
a)
No caderno de traballo, para o seguimento proceso de creación con bosquexos e
debuxos de todo elemento susceptible de aparecer na curtametraxe, no referente
ás leis de composición (movemento e liñas de forza), simbolismo da cor, experimentación
con distintos materiais, soportes, técnicas e tecnoloxias, partindo de obras
artísticas persoais e alleas en diferentes épocas.
b)
Traballo de investigación do grupo, consistente nunha análise pormenorizada de
obras artísticas de diferentes épocas relacionadas co tema da curtametraxe coa
fin de ser empregadas como disposición dos actores na escea ou por formar parte
do decorado ou do atrezo. Fotografías dos persoeiros e dos espazos arquitectónicos.
c)
En soporte dixital ou como obra física formando parte dos elementos da curta,
traballos realizados de forma cooperativa.
Bloque
2. Debuxo técnico. -
O
alumnado deberá realizar coa fin de facer entrar en xogo as correspondentes competencias:
a)
En láminas co formato correspondente, debuxar planos de execución de todo
elemento xeométrico susceptible de aparecer na curta, tal como elementos de
arquitectura, decorados, atrezo, deseños de vestiario e outros, tendo en conta a proporción dos encadres,
traxectorias e angulacións xeométricas da cámara, proxección de sombras para
comprender a relación entre proxeccións e sistemas de representación.
b)
Deseño dunha tipografía específica da curtametraxe, definindo xeometricamente
as formas das letras, números e símbolos, empregando trazados xeometricos elementais,
tal como polígonos, tanxencias e enlaces.
c)
Proxeccións e sistemas de representación explicados a través do emprego de
sombras proxectadas ou de sistemas de representación, das proxeccións cilíndricas
ortogonais e oblicuas de volumes sinxelos segundo a temática da
curtametraxe e tamén das proxeccións
cónicas frontais e oblicuas ou da estereoscopía e anaglifos.
d)
Aplicación do deseño asistido con computador para o trazado de pezas planas e tridimensionais
sinxelas que poidan aparecer na curta.
Bloque
3. Fundamentos do deseño.-
O
alumnado deberá realizar coa fin de facer entrar en xogo as correspondentes
competencias:
a)
No caderno de traballo, recoller imaxes exemplo para a análise de linguaxes
visuais que poidan ser trasladados ao deseño dos elementos gráficos da
curtametraxe.
b)
No caderno de traballo, planificación do proxecto artístico do atrezo,
vestiario e decorados, abarcando os diferentes campos do deseño: gráfico
(tipografía, logotipos da productora…), industrial (obxectos, comida…), arquitectónico
(interior, exterior, urbanismo…)reflectido
nas fases de creación, execución e exposición dos mesmos.
c)
No soporte dixital, aplicación e manexo de diversos programas informáticos para
o deseño e realización dos elementos da curtametraxe.
Bloque
4. Linguaxe audiovisual e multimedia. -
O
alumnado deberá realizar coa fin de facer entrar en xogo as correspondentes
competencias:
a)
No caderno de traballo, un storyboard da curtametraxe.
b)
En soporte dixital rodaxe ou animación que debe incluir unha adecuada
valoración da simboloxía e expresividade dos planos, angulacións e movementos
da cámara.
c)
Elaboración dixital de fotos fixas ou imaxes de calquera elemento da curta,
persoaxes, atrezo, fondos de escea, tipografía, logos, para desenvolver o proxecto
persoal da curta.
d)
Elaboración de imaxes fotoxornalísticas sobre a curta.
e)
Deseño da publicidade da curtametraxe para diversos soportes, tal como
cartaces, prensa, cine, TV, páxinas web,
en formato multimedia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario