venres, 14 de febreiro de 2020

XÁVEGA






 XÁVEGA
(REDE)














SINOPSE


Nun principio era a escuridade do baleiro, pero no baleiro xa estaba o todo, logo existiu a imaxe, e coa imaxe fíxose todo o necesario para crear o mundo que hoxe coñecemos.
A fins do século XX había un certo interese na sociedade máis desenvolvida, en particular no grupo dos adolescentes, pola industria dos enredos audiovisuais. O espallamento do consumo fora realizado mediante soportes de datos en formato analóxico e dixital.
A comezos do século XXI, os enredos e a actividade comercial xa tiñan acadado unha alta popularidade e relevancia, e o entorno analóxico das accións cotiás derivadas do ocio ou do negocio resultaban, na práctica, substituídas polo entorno virtual.
Existían moitos xogos de carácter violento que empregaban armas. Coa intención de fomentar as condutas non violentas, moitos creadores de videoxogos lanzaron propostas educativas que non resultaron de interese.
Daquela, o xogo dixital xa superaba ó xogo analóxico e os aparellos das aulas Abalar e o das novas versións de Edixgal estaban a converterse nun portal de acceso ao mundo das adicións, causadas por un ensino aburrido e baseado, xeralmente, no consumo de información.
Algúns artistas diverxentes e creadores como Aram Bartholl, manifestáronse a favor da renuncia á entrega de datos á rede e idearon un sistema de interacción denominado “Dead Drops”, no que se realizaba un intercambio de información de xeito público para escapar ao control dos xigantes da información a través de conexións tipo USB OTG.
Tamén se fixo popular o emprego de diversos códigos de acceso para transmitir información, tal como os códigos de barras, pero foron os códigos QR os que gañaron unha maior popularidade debido á extensión no uso dos aparellos de telefonía móbil.
Neste mundo dixital cambiante, os militantes das mareas da resistencia no ámbito do ensino pretendían crear un enredo audiovisual interactivo, con parte analóxica e parte dixital onde o mestrado nos oficios e o dominio da arte da comunicación fora a verdadeira arma do xogo, onde poder afiar e afinar a lingua, no manancial da regueifa e no fluxo da fala.
A primeira entrega deste enredo foi desenvolvida nun centro educativo da comarca do Morrazo. Esta é a historia que recollemos nesa creación audiovisual, co gallo do Programa da Lingua Rodada. O proxecto de enredo é de código aberto e permite ou impulsa a creación doutras entregas ou versións, onde á única regra é o interese é a interacción dos diversos grupos do alumnado para fomentar o equilibrio na diversidade a través da cultura.
O que nos une é a auga e o sal.
De Agadir a Marín, de Rabat a Estribela, de Fenicia a Fisterra, os oficios e as xentes son a excusa para coñecer a cultura que nace dos procesos da vida, afondando na tecnoloxía e nas artes como legado dos nosos devanceiros.
Aprender a navegar neste “Mare Tenebrosum” da “Grande Arañeira Mundial” é unha necesidade. Mergullarnos nas augas deste espazo virtual e unha oportunidade para coñecer dende dentro os puntos importantes das nosas raias que delimitan as linguas.
Facendo unha referencia á Xénese, lembremos o episodio da Torre de Babel (Porta de Deus en acadio) construída nun tempo no que a humanidade supostamente falaba unha soa lingua. O castigo por tales feitos, segundo a Xénese, foi a dispersión das linguas. Dende o pasado ate agora o ser humano sempre desexou ter unha soa lingua e, deste xeito deseñou tradutores ou creou organismos internacionais como a ONU, mesmo linguas para atender á diversidade das xentes e xa somos quen de construír a torre mediante unha constelación de satélites de comunicación.
A aspiración do ser humano é posuír unha lingua aumentada e universal que combine todos os sensores, onde as variante locais serán relegadas ó substrato identitario da cultura onde a tradución simultánea será un feito chave e así terá reconstruída a verdadeira torre.
Interpretar de xeito positivo a arte da xávega, e traer a idea a actualidade onde as redes sociais deberían servir para acoller e non para separar.
Mergullarse na cultura a través da etimoloxía é un xeito de afondar no que nos une co pasado e coñecer a nosa orixe para dar valor ao que somos.
Participar na eliminación de todo tipo de exclusión no ensino e favorecer a inclusión do alumnado nas nosas comunidades educativas.
Mesmo o uso da rede, xávega, arte de pesca que recolle todo tipo de peixe, enceta con este concepto.
No tocante ás redes sociais, as posibilidades de busca e traducións simultáneas deben ser asumidas.
Procurar un tradutor universal da lingua une máis que separa e resulta ser un método de aprendizaxe.
Esta é a nosa proposta de integración da comunidade de orixe árabe no uso da lingua galega.

Velaí a primeira entrega.


A resposta.

Acea, aceite, acelga, achacar, achaque, acibar, acibeche, acicalar, acicate, acimut, adaíl, adarga, adarme, adarve, adelfa, adival, adobe, aduana, afagar, aforrar,  aiatolá, alacrán, alamar, alambique, alarde, alarido, alarife, alazán, albacora, albanel, albará, albarda, albaricoque, albaroque, albeite, albízaras, alborozo, alboio,  alcabala, alcacén, alcachofa, alcaiata, alcaide, alcaiote, alcalde, alcándara, alcanfor, alcaraván, alcarraza, alcatrán, alcazaba, alcázar, alcoba, alcohol, alcorán, alcrique, alcume, alcuña, alcuño, aldea, aldraba, ale, alecrín, alefriz, alelí, alfabaca, alface, alfaia, alfaiate, alfalfa, alfándega, alfanxe, alfaquí, alfareme, alfrecía, alférez, alferga, alfil, alfinete, alfombra, alforxa, alfoz, algara, algarabía, algaría, algarismo, algarroba, algazara, algodón, algoritmo, alguacil, alguidal, alicate, alicerce, alifafe, almacén, almadía, almadraba, almadraque, almafí, almanaque, almenara, almirante, almiscre, almocadén, almoeda, almofada, almofía, almogávar, almohade, almorábide, almoxarife, almude, almuiña, alpargata, alporca, alqueive, alquermes, alquimia, alquitara, alxaba, alxamía, alxerife, alxibe, alxube, ámbar, andalusí, andaluz, andosco, anil, árabe, arancel, argola, arrabalde, arracada, arrafén, arraial, arraián, arrecife, arroba, arroz, asasino, ata, atabal, atafal, atafarilla, atalaia, até, atracar, atún, auxe, axorca, axóuxere, azafate, azafrán, azagaia, azaque, azar, azorí, azougue, azouta, azucena, azucre, azul, azulexo, Badana, badulaque, baldar, balde, baldeiro,  baraza, barazo, barbacá, barril, barrio, bata, batán, batea, beduíno, belota, bérber, berenxena, boro, Cadoso, café, cafre, calafatear, calamita, califa, canizo, carraxe, ceca, ceifa, cenoria, cero, cerollo, chafariz, chaza, chazo, cifra, citra, citrano, copto, cotón, curdo, cuscús, Dado, diván, Eiva, elixir, embelecar, emir, enxoval, escabeche, escarlata, Falleba, faquir, farruco,  fazaña, fideo, fola, forro, foz, fulano, fustán, Gacela, gafo, gálibo, gandulo, gándara, garaxe, garbo, garfo, garra, garrafa, gasa, guata, Harén, haxemita, haxix, hurí, Intifafa, islam, Jaima, Kif, Laca, lacena, lacazán,  laranxa, latón, laúde, leilán, lima, limón, louca, Machucho, madorra, magarza, mahdi, mameluco, mandil, maquía, marfil, maroma, marrán, máscara, mastaba, mazaroca, mihrab, mocárabe, momia, mono, mozárabe, mudéxar, Nácara, nacra, nadir, nécora, nenúfar, nesga, nezcre, noca, nora, Ola, olé, oxalá, Papagaio, paxá, pelouro, Quermes, quilate, quintal, Raba, rabada, rabel, racú, rapañota, rebato, reberete, recua, refén, regueifa, risco, roque, Samargo, sandía, saramago, sen, sobaco, sultán, sunna, sura, Tabal, tabán, tabique, tafetá, tafilete, tafona, taifa, talco, taleiga, talibán, tamareira, tamarindo, tareco, tarefa, tarifa, tarima, tarrafa, tarraxa, tecla, tixola, tega, tuareg, tutía, Uadi, Varano, verdoaga, Xa, xabaril, xabeira, xacoma, xadrez, xaque, xaqueca, xareta, xarope, xasmín, xávega, xeque, xerra, xibón, xiíta, xilaba, xinete, xirafa, xulepe, Zafarse, zafiro, zafra, zaga, zalema, zamancos, zambra, zaragolas, zátaro, zoco, zoina

As cinco provincias.




XÁVEGA
O XOGO DE ROL
Guión e dirección: Manuel Pena
Intérpretes: Alumnado de 1 e 4 ESO do Ies Mestre Landín.



INTERIOR AULA DO IES ML DÍA
A porta aberta, está todo a escuras, o alumnado entra no peirao da aula en silencio.
A mestra está sentada nunha cadeira confortable con respaldo fronte ao seu ordenador
O proxector de taboleiro de mando está acendido, en negro co fotograma inicial conxelado e unha icona de reproducir en vermello na que se pode ler “Xávega” e, formando un ángulo con letra máis pequena continuando o rabo da letra g a frase “O xogo de rol”.

VOZ EN OFF:
Nun principio todos eramos nómades.
Despois, construímos barcos e asentamos nas costas do “Mare Nostrum”.
Na procura de coñecer novas terras, entramos no “Mare Tenebrosum”.
Contan as lendas que houbo un arquipélago coñecido como a “Gallaecia da Ultramar”, un pobo diverxente e de acollida que prosperou grazas ao fomento do intercambio e chegou a un alto grao de equilibrio na diversidade cultural.
Dous pobos navegantes compiten na procura de novas terras.
Nesta aventura, van levar xente instruída para cartografar nunha cuadrícula o antigo reino asolagado que agocha innumerables tesouros. En particular posúe unha alfaia de grande valor que destaca sobre todos eles.
Paga a pena comezar esta odisea e descubrir ó mellor tesouro escondido.

A mestra e comandante da navegación, representante do reino, asigna unha mesa de mando para o xogo con catro cadeiras e tres lousas enmarcadas en madeira para cada unha das dúas tripulacións.
Acenden as luces e a mestra manda formar as equipas e reparte un folio cunha cuadrícula de 25 filas referenciadas con letras e 25 columnas ordenadas con números para cada grupo. A tripulación restante senta nas súas bancadas cos seus remos, os portátiles abertos.
Logo de sentados, a mestra volta ao seu posto de mando da nave real.
Por orde, cada equipa elixe un módulo da retícula concretando a fila e a columna, para fondear a nave.
Se unha equipa fondea e non atopa fondo a outra ten dereito fondear tres veces seguidas.
Pola contra, se a equipa atopa fondo a mestra que coñece de memoria unha antiga e descoñecida carta mariña na que aparece grafado o reino, pronuncia un nome nunha antiga lingua xunto cunha descrición da porción de territorio e se a equipa recoñece o seu nome na lingua da Gallaecia obterá o seu dominio. Se non recoñece o nome a outra equipa pode optar a tomar posesión e chantar a súa insignia.
A equipa que obteña máis dominios despois de ser descuberto o territorio do reino da Gallaecia da Ultramar, resultará ser a gañadora.

A MESTRA E COMANDANTE DA NAVEGACIÓN:
A fondear!

A NAVE A:
Catamos en A01...?

A MESTRA E COMANDANTE DA NAVEGACIÓN:
Anotade fondo a tres brazas!
A tomar posesión en A01!
ár as-sâniya ‘a que ergue a auga, rodicio hidráulico’
Muíño fariñeiro que posúe unha gran roda hidráulica situada verticalmente e que se pon en movemento ao caer a auga nas súas pas.

A NAVE A:
Acea?

A MESTRA E COMANDANTE DA NAVEGACIÓN:
Ese é o nome que menciona a antiga carta.
En nome da coroa concedo o dominio ao voso pobo para que tome posesión da mesma e das súas riquezas e enxeños.
...

A NAVE B:
Catamos en B01...?

A MESTRA E COMANDANTE DA NAVEGACIÓN:
Anotade fondo a tres brazas!
A tomar posesión en B01!
ár a -tŭb ladrillo’
Peza de arxila, mesturada con palla e secada ao sol, empregada para a construción de muros.

A NAVE B:
Adobe?

A MESTRA E COMANDANTE DA NAVEGACIÓN:
Ese é o nome que menciona a antiga carta.
En nome da coroa concedo o dominio ao voso pobo para que tome posesión da mesma e das súas riquezas e enxeños.

A NAVE A:
Catamos en X25...?

A MESTRA E COMANDANTE DA NAVEGACIÓN:
Anotade fondo a tres brazas!
A tomar posesión en X25!
ár hispánico šábka ár clásico šabakah ‘rede’
Arte de pesca que consiste nunha rede longa, con cope e dúas bandas das que se tira desde terra.

A NAVE B:
Xávega?

A MESTRA E COMANDANTE DA NAVEGACIÓN:
Ese é o nome que menciona a antiga carta.
En nome da coroa concedo o dominio ao voso pobo para que tome posesión da mesma e das súas riquezas e enxeños.

...

Logo de completar as 625 catas a carta do reino descuberto aparece nas lousas e os oficiais fan o reconto para poder esixir a alfaia.
Empate!

A tripulación da nave A está moi dividida e todos queren volver aos seus fogares polo que toma a decisión de que a Coroa se quede coa alfaia e esixe partir en dous o valor pecuniario da mesma.
A tripulación da nave B pensa tamén que a Coroa debe quedarse coa alfaia e dar o valor total da mesma á tripulación da nave A, alegando que o verdadeiro valor de navegar polas augas é a posibilidade de descubrir o que nos pertencía dende os tempos ancestrais.
A mestra e comandante da navegación despois de meditar as dúas peticións e argumentos decide...

A MESTRA E COMANDANTE DA NAVEGACIÓN:
En nome da Coroa e do poder que me foi outorgado, concedo á tripulación da nave B a alfaia e o valor dela duplicado por aprender o mais importante da viaxe.
Manter o equilibrio na diversidade dunha tripulación é o máis importante para manter a flote calquera empresa e chegar a porto, polo que se fai merecente da alfaia e da totalidade do reino.



O RELATO AUDIOVISUAL 




 

XÁVEGA


(rede)



ACHEGAS ÁRABES Á ARTE DE NAVEGAR.
https://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81rabes











BEREBER



AGADIR


RABAT


BUEU


MESTRE LANDÍN

http://patrimoniomusicalgalego.blogspot.com/2011/04/francisco-landin-pazos-musico-e.html



TRADUTOR


ETIMOLOXÍA


 
PINGAS SOLTAS, DEAD DROPS OU USB OTG


 
CÓDIGO QR

In šāʾ Allāh


(Oxalá!)



KIRIGAMI

XEOMETRÍA E ARQUITECTURA DE PAPEL. As plantillas. K...