mércores, 4 de decembro de 2019

TEMARIO VALORES ÉTICOS 2 ESO


UNIDADES DIDÁCTICAS

VALORES ÉTICOS 2ESO

1 AVALIACIÓN


UD 1.1 ÉTICA E MORAL
VEB3.1.1. Recoñece as diferenzas entre a ética e a moral, no que se refire á súa orixe e á súa finalidade.
VEB3.1.2. Achega razóns que xustifiquen a importancia da reflexión ética, como unha guía racional de conduta necesaria na vida do ser humano, expresando de forma apropiada os argumentos en que se fundamenta.
VEB3.2.1. Sinala en que consiste a estrutura moral da persoa como ser racional e libre, razón pola que esta é responsable da súa conduta e das consecuencias desta.
VEB3.2.2. Explica as tres etapas do desenvolvemento moral na persoa, segundo a teoría de Piaget ou a de Köhlberg, e as características propias de cada unha, destacando como se pasa da heteronomía á autonomía moral.
VEB3.3.1. Describe a relación entre a liberdade e os conceptos de persoa e estrutura moral.
VEB3.4.1. Describe as características distintivas dos valores éticos, utilizando exemplos concretos deles e apreciando a súa relación esencial coa dignidade humana e a conformación dunha personalidade xusta e satisfactoria.
VEB3.4.2. Emprega o espírito emprendedor para realizar, en grupo, unha campaña destinada a difundir a importancia de respectar os valores éticos, tanto na vida persoal como na social.

UD 1.2 NORMAS
VEB3.5.1. Define o concepto de norma e de norma ética, distinguíndoa das normas xurídicas, relixiosas, etc.
VEB3.5.2. Sinala quen foron os sofistas e algúns dos feitos e das razóns en que se fundamentaba a súa teoría relativista da moral, destacando as consecuencias que esta ten na vida das persoas.
VEB3.5.3. Coñece os motivos que levaron a Sócrates a afirmar o "intelectualismo moral", e explica en que consiste e a postura de Platón ao respecto.
VEB3.5.4. Compara o relativismo e o obxectivismo moral apreciando a vixencia destas teorías éticas na actualidade, e expresa opinións de forma argumentada.
VEB3.6.1. Enuncia os elementos distintivos das "teorías éticas" e argumenta a súa clasificación en éticas de fins e éticas procedimentais e elabora un esquema coas súas características máis destacadas.
VEB3.6.2. Enuncia os aspectos fundamentais da teoría hedonista de Epicuro e os valores éticos que defende, destacando as características que a identifican como unha ética de fins.
VEB3.6.3. Elabora, en colaboración co grupo, argumentos a favor e/ou en contra do epicureísmo, e expón as súas conclusións cos argumentos racionais correspondentes.
VEB3.7.1. Explica o significado do termo "eudemonismo" e o que para Aristóteles significa a felicidade como ben supremo, e elabora e expresa conclusións.
VEB3.7.2. Distingue os tres tipos de tendencias que hai no ser humano, segundo Aristóteles, e a súa relación co que el considera como ben supremo da persoa.
VEB3.7.3. Achega razóns para clasificar o eudemonismo de Aristóteles dentro da categoría da ética de fins.
VEB3.8.1. Fai unha recensión das ideas fundamentais da ética utilitarista: o principio de utilidade, o concepto de pracer, a compatibilidade do egoísmo individual co altruísmo universal e a localización do valor moral nas consecuencias da acción, entre outras.
VEB3.8.2. Enumera as características que fan do utilitarismo e do epicureísmo unhas éticas de fins.
VEB3.8.3. Argumenta racionalmente as súas opinións sobre a ética utilitarista.

UD 1.3 A PERSOA
VEB1.1.1. Sinala as dificultades para definir o concepto de persoa, analizando algunhas definicións achegadas por filósofos/as.
VEB1.2.1. Explica a concepción kantiana do concepto de persoa, como suxeito autónomo capaz de ditar as súas propias normas morais.
VEB1.2.2. Comenta e valora a idea de Kant ao concibir a persoa como un fin en si mesma, rexeitando a posibilidade de ser tratada por outros como instrumento para alcanzar fins alleos a ela.

UD 1.4 AS VIRTUDES
VEB1.3.1. Sinala en que consiste a virtude e as súas características en Aristóteles, indicando a súa relación cos actos, os hábitos e o carácter.
VEB1.3.2. Enumera algúns dos beneficios que, segundo Aristóteles, achegan as virtudes éticas ao ser humano, identifica algunhas destas e ordénaas segundo un criterio racional.

DOCUMENTOS GRÁFICOS COVID-19

2 AVALIACIÓN


UD 2.1 OS CAMPOS DA ÉTICA E DO DEREITO
VEB2.1.1. Distingue entre os ámbitos de acción que corresponden á ética e ao dereito, e expón as súas conclusións mediante unha presentación elaborada con medios informática.






UD 2.2 O PRIVADO E O PÚBLICO
VEB2.1.2. Reflexiona arredor do problema da relación entre estes dous campos, o privado e o público, e a posibilidade de que exista un conflito de valores éticos entre ambos, así como a forma de atopar unha solución baseada nos valores éticos, exemplificando de maneira concreta tales casos, e expón as súas posibles solucións fundamentadas eticamente.





UD 2.3 ÉTICA E DEREITO
VEB5.1.1. Procura e selecciona información en páxinas web, para identificar as diferenzas, as semellanzas e os vínculos entre a ética e o dereito.

3 AVALIACIÓN


UD 3.1 ÉTICA, POLÍTICA E XUSTIZA
VEB4.1.1. Explica e aprecia as razóns que dá Aristóteles para establecer un vínculo necesario entre ética, política e xustiza.
VEB4.1.2. Utiliza e selecciona información sobre os valores éticos e cívicos, identificando e apreciando as semellanzas, as diferenzas e as relacións entre eles.
VEB4.2.1. Elabora, recorrendo á súa iniciativa persoal, unha presentación con soporte informático, sobre a política aristotélica como unha teoría organicista, cunha finalidade ética e que atribúe a función educativa ao Estado.
VEB4.2.2. Selecciona e usa información, en colaboración co grupo, para entender e apreciar a importancia que Aristóteles lle dá á xustiza como valor ético no que se fundamenta a lexitimidade do Estado e a súa relación coa felicidade e o ben común, e expón as súas conclusións persoais debidamente fundamentadas.

UD 3.2 A CIENCIA
VEB6.1.1. Utiliza información de distintas fontes para analizar a dimensión moral da ciencia e a tecnoloxía, avaliando o impacto positivo e negativo que estas poden ter en todos os ámbitos da vida humana (social, económico, político, ético e ecolóxico, etc.).
VEB6.1.2. Achega argumentos que fundamenten a necesidade de pór límites éticos e xurídicos á investigación práctica, tanto científica como tecnolóxica, tomando a dignidade humana e os valores éticos recoñecidos na DUDH como criterio normativo.
VEB6.1.3. Recorre á súa iniciativa persoal para expor as súas conclusións sobre o tema tratado, utilizando medios informáticos e audiovisuais, de xeito argumentado e ordenado racionalmente.

UD 3.3 A TECNODEPENDENCIA
VEB6.2.1. Destaca o problema e o perigo que representa para o ser humano a tecnodependencia, sinalando os seus síntomas e as súas causas, e estimando as súas consecuencias negativas, como unha adición incontrolada aos dispositivos electrónicos, aos videoxogos e ás redes sociais, que conduce as persoas cara a unha progresiva deshumanización.
 
UD 3.4 MEDICINA E BIOTECNOLOXÍA
VEB6.3.1. Analiza información seleccionada de diversas fontes, coa finalidade de coñecer en que consisten algúns dos avances en medicina e biotecnoloxía, que formulan dilemas morais (utilización de células nai, clonación, euxénese, etc.), sinalando algúns perigos que estes encerran de prescindir do respecto á dignidade humana e os seus valores fundamentais.
VEB6.3.2. Presenta unha actitude de tolerancia e respecto ante as opinións que se expresan na confrontación de ideas, coa finalidade de solucionar os dilemas éticos, sen esquecer a necesidade de empregar o rigor na fundamentación racional e ética de todas as alternativas de solución formuladas.


TED TALKS

EXAMEN VALORES ÉTICOS 2 ESO 1 AVALIACIÓN


BUDA ESTOUROU POR VERGOÑA

1) En relación coa película e os valores éticos, fai unha proposta de normas de clase para mellorar a convivencia.
2) Escribe unha frase resumo da película.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

KIRIGAMI

XEOMETRÍA E ARQUITECTURA DE PAPEL. As plantillas. K...