mércores, 4 de decembro de 2019

TEMARIO EPVA 1 ESO





 
UNIDADES DIDÁCTICAS

EPVA 1ESO

APLICATIVOS NECESARIOS:
INKSCAPE, MUSESCORE, AUDACITY, OPENSHOT VIDEO EDITOR, LIBRECAD

1 AVALIACIÓN

UD 1.1 PUNTO, LIÑA E PLANO
EPVAB1.1.1 Identificar e valorar a importancia do punto, a liña e o plano analizando de xeito oral e escrito imaxes e producións gráfico plásticas propias e alleas
EPVAB1.2.1 Analizar os ritmos lineais mediante a observación de elementos orgánicos, na paisaxe, nos obxectos e en composicións artísticas, empregándoos como inspiración en creacións gráfico-plásticas.
EPVAB1.2.2 Experimentar co punto, a liña e o plano co concepto de ritmo, aplicándoos de forma libre e espontánea.
EPVAB1.2.3 Experimentar co valor expresivo da liña e o punto e as súas posibilidades tonais, aplicando distintos graos de dureza, distintas posicións do lapis de gráfico ou de cor (tombado ou vertical) e a presión exercida na aplicación, en composicións a man alzada, estruturadas xeometricamente ou máis libres e espontáneas.


Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

1. Verde que te quero verde…


UD 1.2 A COMPOSICIÓN
EPVAB1.3.1 Realizar composicións que transmiten emocións básicas (calma, violencia, liberdade, opresión, alegría, tristura, etc…) utilizando diversos recursos gráficos en cada caso (claroscuro, liña, puntos, texturas, cores, etc.).
EPVAB1.4.1 Analizar, identificar e explicar oralmente, por escrito e graficamente, o esquema compositivo básico de obras de arte e obras propias, atendendo aos conceptos de equilibrio, proporción e ritmo.
EPVAB1.4.2 Realizar composicións básicas con diferentes técnicas segundo as propostas establecidas por escrito.
EPVAB1.4.3 Realizar composicións modulares con diferentes procedementos gráfico-plásticos en aplicacións ao deseño téxtil, ornamental, arquitectónico ou decorativo.
EPVAB1.4.4 Representar obxectos illados e agrupados do natural ou do ámbito inmediato, proporcionándoos en relación coas súas características formais e en relación co seu ámbito.

Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

1. Verde que te quero verde…


UD 1.3 A COR
EPVAB1.5.1 Experimentar coas cores primarias e secundarias estudando a síntese aditiva e sustractiva e as cores complementarias.

Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

1. Verde que te quero verde…


UD 1.4 A TEXTURA
EPVAB1.6.1 Transcribir texturas táctiles a texturas visuais mediante as técnicas de frottage, utilizándoas en composicións abstractas ou figurativas.

Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

1. Verde que te quero verde…


UD 1.5 MATERIAIS E TÉCNICAS
EPVAB1.7.1 Utilizar con propiedade as técnicas gráfico plásticas coñecidas aplicándoas de forma axeitada ao obxectivo da actividade.
EPVAB1.7.2 Utilizar o lapis de grafito e de cor, creando o claroscuro en composicións figurativas e abstractas mediante a aplicación do lapis de forma continua en superficies homoxéneas ou degradadas
EPVAB1.7.3 Experimentar coas témperas aplicando a técnica de diferentes formas (pinceis, esponxas, goteos, distintos graos de humidade, estampacións...) valorando as posibilidades expresivas segundo o grao de opacidade e a creación de texturas visuais cromáticas
EPVAB1.7.4 Utilizar o papel como material, manipulándoo, resgando, ou pregando creando texturas visuais e táctiles para crear composicións, colaxes matéricos e figuras tridimensionais.
EPVAB1.7.5 Crear co papel recortado formas abstractas e figurativas compoñéndoas con fins ilustrativos, decorativos ou comunicativos.
EPVAB1.7.6 Aproveitar materiais reciclados para a elaboración de obras de forma responsable co medio e aproveitando as súas calidades gráfico – plásticas
EPVAB1.7.7 Manter o seu espazo de traballo e o seu material en perfecto orde e estado, e achegándoo á aula cando é necesario para a elaboración das actividades.

Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

2. Figuras de papel


2 AVALIACIÓN

UD 2.1 A ICONICIDADE
EPVAB2.1.1 Diferenciar imaxes figurativas de abstractas
EPVAB2.1.2 Recoñecer distintos graos de iconicidade nunha serie de imaxes.
EPVAB2.1.3 Crear imaxes con distintos graos de iconicidade baseándose nun mesmo tema.






















Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

3. Realidade ou ilusión?


UD 2.2 SÍMBOLOS E ICONAS
EPVAB2.2.1 Distinguir símbolos de iconas.
EPVAB2.2.2 Deseñar símbolos e iconas.

Pictogramas

Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

3. Realidade ou ilusión?


UD 2.3 O CÓMIC
EPVAB2.3.1 Deseñar un cómic utilizando de xeito axeitado viñetas e lendas, globos, liñas cinéticas e onomatopeas.

Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

3. Realidade ou ilusión?


UD 2.4 A COMUNICACIÓN VISUAL E AUDIOVISUAL
EPVAB2.4.1 Identificar e analiza os elementos que interveñen en distintos actos de comunicación visual
EPVAB2.5.1 Identificar e analiza os elementos que interveñen en distintos actos de comunicación audiovisual.
EPVAB2.5.2 Distinguir a función ou funcións que predominan en mensaxes visuais e audiovisuais.

Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

3. Realidade ou ilusión?

Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

4. Nativos dixitais


A exposición virtual.
ARTE DE VARIAR
O LIBRO DA AUGA
PARES ESTEREOSCÓPICOS
A FIESTRA PERDIDA DE DURERO
TECNOLOXÍA TÉXTIL

DOCUMENTOS GRÁFICOS COVID-19

3 AVALIACIÓN

UD 3.1 ELEMENTOS XEOMÉTRICOS FUNDAMENTAIS
EPVAB3.1.1 Trazar as rectas que pasan por cada par de puntos, usando a regra, resalta o triángulo que se forma.
EPVAB3.2.1 Trazar rectas paralelas, transversais e perpendiculares a outra dada, que pasen por puntos definidos, utilizando escuadra e cartabón con suficiente precisión.
EPVAB3.3.1 Construír unha circunferencia lobulada de seis elementos, utilizando o compás.
EPVAB3.4.1 Dividir a circunferencia en seis partes iguais, usando o compás, e debuxa coa regra o hexágono regular e o triángulo equilátero que se posibilita.

Tarefas para entregar por e-mail.-
a) Realiza unha malla que teña como base un triángulo equilátero e deseña un logo nesa retícula.
b) Realiza o deseño dun rosetón lobulado de seis elementos a partir dunha circunferencia de R=5 cm.      Emprega cores no deseño.




Podemos visitar as seguintes ligazóns:
https://youtu.be/qdx21bIy3ec
https://revistasuma.es/IMG/pdf/63/021-028.pdf

Ver recurso Edixgal e realizar os exercicios correspondentes.

5. Debuxo técnico (I)


UD 3.2 ÁNGULOS
EPVAB3.5.1 Identificar os ángulos de 30º, 45º, 60º e 90º na escuadra e no cartabón.
EPVAB3.6.1 Sumar ou restar ángulos positivos ou negativos con regra e compás.
EPVAB3.7.1 Construír a bisectriz dun ángulo calquera, con regra e compás.

Tarefas para entregar por e-mail.-
Dados os ángulos A=90º e B=60º
a) Suma A+B
b) Resta A-B
c) Bisectriz de B
Realiza o trazado con escuadra. cartabón e compás.




Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

5. Debuxo técnico (I)


UD 3.3 SEGMENTO, MEDIATRIZ, TEOREMA DE THALES E LUGARES XEOMÉTRICOS
EPVAB3.8.1 Sumar ou restar segmentos, sobre unha recta, medindo coa regra ou utilizando o compás.
EPVAB3.9.1 Trazar a mediatriz dun segmento utilizando compás e regra. Tamén utilizando regra, escuadra e cartabón.
EPVAB3.10.1 Dividir un segmento en partes iguais, aplicando o teorema de Thales.
EPVAB3.10.2 Escalar un polígono aplicando o teorema de Thales
EPVAB3.11.1 Explicar, verbalmente ou por escrito, os exemplos máis comúns de lugares xeométricos (mediatriz, bisector, circunferencia, esfera, rectas paralelas, planos paralelos,…).




Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

6. Debuxo técnico (II)


UD 3.4 TRIÁNGULOS
EPVAB3.12.1 Clasificar calquera triángulo, observando os seus lados e os seus ángulos.
EPVAB3.13.1 Construír un triángulo coñecendo dous lados e un ángulo, ou dous ángulos e un lado, ou os seus tres lados, utilizando correctamente as ferramentas
EPVAB3.14.1 Determinar o baricentro, o incentro ou o circuncentro de calquera triángulo, construíndo previamente as medianas, bisectrices ou mediatrices correspondentes.
EPVAB3.15.1 Debuxar un triángulo rectángulo coñecendo a hipotenusa e un cateto.

Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

6. Debuxo técnico (II)


UD 3.5 CUADRILÁTEROS
EPVAB3.16.1 Clasificar correctamente calquera cuadrilátero.
EPVAB3.17.1 Construír calquera paralelogramo coñecendo dous lados consecutivos e unha diagonal.

Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

6. Debuxo técnico (II)


UD 3.6 POLÍGONOS
EPVAB3.18.1 Clasificar correctamente calquera polígono de 3 a 5 lados, diferenciando claramente se é regular ou irregular.
EPVAB3.19.1 Construír correctamente polígonos regulares de ata 5 lados, inscritos nunha circunferencia.

Ver recurso e realizar os exercicios correspondentes.

6. Debuxo técnico (II)



Xeometría





















EXAME EPVA 1ESO 1 AVALIACIÓN


1 Realiza unha interpretación da fotografía cunha técnica de liña.
2 Realiza unha composición simétrica con este elemento, empregando cores complementarias.











EXAME EPVA 1ESO 3 AVALIACIÓN

Reproduce os trazados xeométricos deste pergamiño.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

KIRIGAMI

XEOMETRÍA E ARQUITECTURA DE PAPEL. As plantillas. K...