UNIDADES DIDÁCTICAS
VALORES ÉTICOS 1 ESO
1 AVALIACIÓN
UD 1.1 ÉTICA E MORAL
VEB3.1.1. Recoñece as diferenzas entre a ética e a moral.
VEB3.1.2. Achega razóns que xustifiquen a importancia da reflexión ética.
VEB3.2.1. Distingue entre a conduta instintiva do animal e o comportamento racional e libre do ser humano, destacando a magnitude das súas diferenzas e apreciando as consecuencias que estas teñen na vida das persoas.
UD 1.2 LIBERDADE, VALORES E PERSOA
VEB3.3.1. Describe a relación entre a liberdade e o concepto de persoa.
VEB3.3.1. Describe a relación entre a liberdade e o concepto de persoa.
VEB3.3.2. Analiza e valora a influencia que teñen na liberdade persoal a intelixencia, que nos permite coñecer posibles opcións para elixir, e a vontade, que nos dá a fortaleza suficiente para facer o que temos decidido facer.
VEB3.3.3. Analiza algúns factores biolóxicos, psicolóxicos, sociais, culturais e ambientais, que inflúen no desenvolvemento da intelixencia e a vontade, nomeadamente o papel da educación, e expón as súas conclusións de forma clara, mediante unha presentación realizada con soportes informáticos e audiovisuais.
VEB3.4.1. Explica o que son os valores e as súas principais características, e aprecia a súa importancia na vida individual e colectiva das persoas.
VEB3.4.2. Procura e selecciona información sobre a existencia de clases de valores: relixiosos, afectivos, intelectuais, vitais, etc.
VEB3.4.3. Realiza, en traballo en grupo, unha xerarquía de valores, explicando a súa fundamentación racional, mediante unha exposición usando medios informáticos ou audiovisuais.
VEB3.5.1. Explica a diferenza entre os valores éticos e o resto dos valores, e valora a importancia para a persoa dos valores éticos.
VEB3.6.1. Destaca algunhas das consecuencias negativas que, a nivel individual e comunitario, ten a ausencia de valores e normas éticas, tales como o egoísmo, a corrupción, a mentira, o abuso de poder, a intolerancia, a insolidariedade, a violación dos dereitos humanos, etc.
VEB3.6.2. Emprende, utilizando a iniciativa persoal e a colaboración en grupo, a organización e o desenvolvemento dunha campaña no seu medio, co fin de promover o recoñecemento dos valores éticos como elementos fundamentais do pleno desenvolvemento persoal e social.
VEB1.1.1. Sinala as dificultades para definir o concepto de persoa, analizando o seu significado etimolóxico.
VEB1.1.2. Describe as características principais da persoa: substancia independente, racional e libre.
VEB1.1.3. Explica e valora a dignidade da persoa que, como ente autónomo, se converte nun "ser moral".
UD 1.3 CONDUTA E AUTONOMÍA PERSOAL
VEB1.2.1. Coñece información, de fontes diversas, arredor dos grupos de adolescentes, as súas características e a influencia que exercen sobre os seus membros na determinación da súa conduta, e realiza un resumo coa información obtida.
VEB1.2.2. Elabora conclusións sobre a importancia que ten para o/a adolescente desenvolver a autonomía persoal e ter o control da súa propia conduta conforme aos valores éticos libremente elixidos.
VEB1.3.1. Identifica en que consiste a personalidade e os factores xenéticos, sociais, culturais e do contorno que inflúen na súa construción, e aprecia a capacidade de autodeterminación no ser humano.
VEB1.4.1. Describe e estima o papel relevante da razón e a liberdade para configurar cos seus propios actos a estrutura da súa personalidade.
VEB1.4.2. Realiza unha lista dos valores éticos que estima como desexables para integralos na súa personalidade, e explica as razóns da súa elección.
UD 1.4 INTELIXENCIA EMOCIONAL
VEB1.5.1. Define a intelixencia emocional e as súas características, valorando a súa importancia na construción moral do ente humano.
VEB1.5.2. Explica en que consisten as emocións e os sentimentos, e como se relacionan coa vida moral.
VEB1.5.3. Atopa, disertando en grupo, a relación entre algunhas virtudes e valores éticos e o desenvolvemento das capacidades de autocontrol emocional e automotivación, tales como a sinceridade, o respecto, a prudencia, a temperanza, a xustiza e a perseveranza, entre outras
VEB1.6.1. Comprende en que consisten as habilidades emocionais que, segundo Goleman, debe desenvolver o ser humano, e elabora un esquema explicativo arredor do tema, en colaboración en grupo.
VEB1.6.2. Relaciona o desenvolvemento das habilidades emocionais coa adquisición das virtudes éticas, tales como a perseveranza, a prudencia, a autonomía persoal, a temperanza, a fortaleza da vontade, a honestidade cun mesmo, o respecto á xustiza e a fidelidade aos propios principios éticos, entre outras.
VEB1.6.3. Emprega a introspección como medio para recoñecer as propias emocións, os sentimentos e os estados de ánimo, coa finalidade de ter un maior control deles e ser capaz de automotivarse, converténdose no dono da propia conduta.
VEB1.7.1. Toma conciencia e aprecia a capacidade que posúe para modelar a propia identidade e facer de si mesmo/a unha persoa xusta, sincera, tolerante, amable, xenerosa, respectuosa, solidaria, honesta, libre, etc., nunha palabra, digna de ser apreciada por si mesmo/a.
VEB1.7.2. Deseña un proxecto de vida persoal conforme o modelo de persoa que quere ser e os valores éticos que desexa adquirir, facendo que a súa propia vida teña un sentido.
DOCUMENTOS GRÁFICOS COVID-19
DOCUMENTOS GRÁFICOS COVID-19
2 AVALIACIÓN
UD 2.1 INDIVIDUO E SOCIEDADE
VEB2.1.1. Explica por que o ser humano é social por natureza e valora as consecuencias que ten este feito na súa vida persoal e moral.
VEB2.1.2. Discirne e expresa, en pequenos grupos, sobre a influencia mutua que se establece entre o individuo e a sociedade.
VEB2.1.3. Achega razóns que fundamenten a necesidade de establecer uns valores éticos que guíen as relacións interpersoais e utiliza a iniciativa persoal para elaborar, mediante soportes informáticos, unha presentación gráfica das súas conclusións sobre este tema.
VEB2.2.1. Describe o proceso de socialización e valora a súa importancia na interiorización individual dos valores e as normas morais que rexen a conduta da sociedade en que vive.
VEB2.2.2. Exemplifica, en colaboración en grupo, a influencia que teñen na configuración da personalidade os valores morais inculcados polos axentes sociais, entre eles a familia, a escola, os amigos e os medios de comunicación masiva, elaborando un esquema e conclusións, utilizando soportes informáticos.
VEB2.2.3. Xustifica e aprecia a necesidade da crítica racional, como medio indispensable para adecuar aos valores éticos universais establecidos na DUDH os costumes, as normas, os valores, etc., do seu medio, rexeitando todo o que atente contra a dignidade do humano e os seus dereitos fundamentais.
UD 2.2 VIDA PRIVADA E PÚBLICA
VEB2.3.1. Define os ámbitos da vida privada e a pública, así como o límite da liberdade humana, en ambos os casos.
VEB2.4.1. Comprende a importancia que para Goleman ten a capacidade de recoñecer as emocións alleas e a de controlar as relacións interpersoais, e elabora un resumo esquemático sobre o tema.
UD 2.3 RELACIÓNS INTERPERSOAIS
VEB2.5.1. Explica en que consiste a conduta asertiva, facendo unha comparación co comportamento agresivo ou inhibido, e adopta como principio moral fundamental, nas relacións interpersoais, o respecto á dignidade das persoas.
VEB2.5.2. Amosa, nas relacións interpersoais, unha actitude de respecto cara ao dereito que todos os seres humano teñen a sentir, pensar e actuar de forma diferente, a equivocarse, a gozar do tempo de descanso, a ter unha vida privada, a tomar as súas propias decisións, etc., e nomeadamente a ser valorado de forma especial polo simple feito de ser persoa, sen discriminar nin menosprezar a ninguén, etc.
VEB2.5.3. Emprega, en diálogos curtos reais ou inventados, habilidades sociais como a empatía, a escoita activa, a interrogación asertiva, etc., coa finalidade de que aprenda a utilizalos de forma natural na súa relación coas demais persoas.
VEB2.5.4. Exercita algunhas técnicas de comunicación interpersoal, mediante a realización de diálogos orais, tales como a forma axeitada de dicir non, o disco raiado, o banco de néboa, etc., co obxecto de dominalas e poder utilizalas no momento adecuado.
UD 2.4 VIRTUDES ÉTICAS
VEB2.6.1. Identifica a adquisición das virtudes éticas como unha condición necesaria para lograr unhas boas relacións interpersoais, entre elas a prudencia, a lealdade, a sinceridade, a xenerosidade, etc.
VEB2.6.3. Destaca o deber moral e cívico que todas as persoas teñen de prestar auxilio e socorro a outras cuxa vida, liberdade e seguridade estean en perigo de xeito inminente, colaborando na medida das súas posibilidades a prestar primeiros auxilios, en casos de emerxencia.
3 AVALIACIÓN
UD 3.1 A DIGNIDADE
VEB5.1.1. Explica e aprecia en que consiste a dignidade que esta declaración recoñece ao ser humano como persoa, posuidora duns dereitos universais, inalienables e innatos, mediante a lectura do seu preámbulo.
Tarefa para entregar por
e-mail.-
a) Redacta unha reflexión de máis de 150 palabras referida á dignidade do
ser humano tendo en conta o documento.
Podemos
consultar o documento nesta ligazón:
https://www.un.org/es/universal-declaration-human-rights/UD 3.2 DEREITOS HUMANOS
VEB5.2.1. Dá razóns sobre a orixe histórica do problema dos dereitos da muller, recoñecendo os patróns económicos e socioculturais que fomentaron a violencia e a desigualdade de xénero.
VEB5.2.2. Xustifica a necesidade de actuar en defensa dos dereitos da infancia, loitando contra a violencia e o abuso do que nenos e as nenas son vítimas no século XXI, tales como o abuso sexual, o traballo infantil, ou a súa utilización como soldados/as, etc.
Tarefa para entregar por e-mail.-
a) Redacta unha reflexión de máis de 150 palabras referida á vulneración dos dereitos da muller e dos nenos tendo en conta o documento.
Podemos consultar o documento nesta ligazón:
https://www.un.org/es/universal-declaration-human-rights/
UD 3.3 A DISCRIMINACIÓN DA MULLER
VEB5.2.3. Emprende, en colaboración en grupo, a elaboración dunha campaña contra a discriminación da muller e a violencia de xénero no seu medio familiar, escolar e social, e avalía os resultados obtidos.
VEB5.2.3. Emprende, en colaboración en grupo, a elaboración dunha campaña contra a discriminación da muller e a violencia de xénero no seu medio familiar, escolar e social, e avalía os resultados obtidos.
UD 3.4 O VOLUNTARIADO
VEB5.3.1. Indaga, en traballo en colaboración, sobre o traballo de institucións e voluntarios/as que, en todo o mundo, traballan polo cumprimento dos dereitos humanos (Amnistía Internacional, e ONG como Mans Unidas, Médicos sen Fronteiras e Cáritas, entre outros), e elabora e expresa as súas conclusións.
TED TALKS IN SPANISH
EXAMEN VALORES ÉTICOS 1 ESO 1 AVALIACIÓN
BUDA ESTOUROU POR VERGOÑA
1) En relación coa película e os valores éticos, fai unha proposta de normas de clase para mellorar a convivencia.
2) Escribe unha frase resumo da película.
Ningún comentario:
Publicar un comentario