martes, 3 de marzo de 2020

DEFINICIÓNS QR CODE

CREANDO OS MEUS XOGOS

01 O ENCRUCILLADO
Coas palabras e definicións da listaxe adxunta, deseña diversos encrucillados. 
Descarga o programa na seguinte ligazón.

CREADOR DE ENCRUCILLADOS

DESCARGA O ENCRUCILLADO GALLAECIA DA ULTRAMAR

02 O CARTOGRAFADOR
Dúas frotas, Nó e Agulla, tratarán de fondear nas coordenadas dunha cuadrícula de 25x25 e se atopan fondo a menos de tres brazas o gobernador que coñece de memoria a antiga carta náutica relacionará as coordenadas coas definicións da listaxe adxunta para que poidan, deste xeito, cartografar a liña de costa do arquipélago. Terán que recoñecer a palabra correcta para lograr a posesión das terras. As tripulacións que logren maior superficie de terra posuirán todo o arquipélago, e terán no seu poder unha chave que abre o portal dos novos dominios.




03 O ARQUIPÉLAGO

Cando teñas a carta do arquipélago reproduce a carta facendo viaxar a tinta de  INKSCAPE  para que a tripulación enrolada poida viaxar e disfrutar do mesmo. Terás que rechear con tinta as porcións de terra na carta, empregando o módulo cadrado.
Deseña estratexias de agrupamento e conexión e viaxa para realizar a ocupación do territorio, coloca os pasos sobre a auga.




FONDEANDO A TRES BRAZAS...


A01acea
ár as-sâniya ‘a que ergue a auga, rodicio hidráulico’
Muíño fariñeiro que posúe unha gran roda hidráulica situada verticalmente e que se pon en movemento ao caer a auga nas súas pas.
A02aceite
ár az-zait ‘zume da oliva’
Graxa líquida de  procedencia animal ou vexetal. Está formada fundamentalmente por triglicéridos e por outros compoñentes como esteroides, hidrocarburos e vitaminas liposolubles.
A03acelga
ár as-silqa gr σικελ ‘acelga siciliana’
Planta herbácea anual, da familia das quenopodiáceas, de grandes follas glabras, lustrosas e onduladas.
A04achaque
ár aš-šakā a queixa, a enfermidade 
Afección reiterada de escasa gravidade que se manifesta, xeralmente, co avance da idade.
A05acibeche
ár as-sabaŷ
Variedade de lignito de cor negra, brillante e moi compacta, susceptible de pulimento.
A06acicalar
ár a - iqāl o pulimento, o pulidor de armas’
Limpar algo con moito esmero.
Dar o último pulimento a algo.
Preparar ou adornar poñendo enfeites.
A07acicate
ár aš-šawkāt os aguillóns, as espiñas
Espora constituída por unha soa púa.
Estímulo que anima a facer algo.
A09acimut
ár as-simūt por as-sumūt, pl de as-samt ‘a dirección, o cénit’
Arco do horizonte contado desde o punto cardinal N ou S ata a vertical do astro.
Ángulo que, no rexistro de sinais eléctricos sobre cinta magnética, forma o entreferro da cabeza de rexistro ou de reprodución coa perpendicular á dirección de avance da cinta magnética.
Ángulo formado entre a dirección desde un punto a unha  antena e a dirección do meridiano.
Ángulo comprendido nun plano horizontal, formado por un plano visual que pasa por un punto e unha dirección fixa.
A11adaíl
ár ad-dalīl o guía
Persoa que exerce as funcións de guía, xeralmente militar.
A12adarga
ár andalusí ad-dárqa ‘escudo de pel’ ár clásico   daraqah
Antigo escudo protector de pel.
A16adarme
ár andalusí addárham ár clásico dirham ‘peso’
Unidade ponderada antiga, decimosexta parte da onza.
Medida de peso utilizada antigamente en España e Hispanoamérica.
Décimo cuarta parte dunha onza de ouro.
Cantidade insignificante de calquera cousa.
A17adarve
ár ad-darb ‘desfiladeiro, camiño, rúa’
Parte superior dunha muralla que pode ir cuberta e posuír vans ao exterior.
Camiño estreito que percorre os muros das fortificacións.
A22adelfa
ár al-difla
Arbusto, da familia das apocináceas, que presenta follas lanceoladas, coriáceas, tenras e verdes todo o ano, flores olorosas de cor rosa dispostas en corimbos terminais, e froito en folículo, longo, cheo de sementes peludas.
Flor desta planta.
A25adival
ár at-tiuāl corda
Corda grosa e longa, de esparto ou cánabo, que se emprega para suxeitar unha carga.
B01adobe
ár a -tŭb ladrillo’
Peza de arxila, mesturada con palla e secada ao sol, empregada para a construción de muros.
B07aduana
ár addīwāna rexistro persa dēwān arquivo
Administración encargada de percibir os dereitos establecidos sobre certas mercadorías na entrada e saída do territorio dun estado.
Oficina dunha aduana, situada normalmente nas fronteiras, portos e aeroportos para controlar a circulación de persoas e mercadorías.
B09aforrar
a- + ár urr ‘libre, non esclavo’
Gardar ou economizar cartos ou bens para gastalos ou consumilos nunha ocasión que se considere máis axeitada ca a presente.
Descender ou diminuír o consumo de calquera cousa.
Eximir a alguén dalgún gasto ou molestia que se lle poida ocasionar.
B11alacrán
ár al’aqrab ‘escorpión’
Escorpión.
Nome xenérico de eirugas grandes e peludas.
B12alamar
ár ‘alam ‘bordo, ribete, adorno no borde dunha tea’
Ollal sobreposto cosido no pregamento dun vestido, dun mantel, dunha cortina ou de tecidos semellantes.
B13alambique
ár al-inbiq ‘alambique’ gr μζιξ vaso’
Aparato formado por unha caldeira e un tubo en espiral co que se destilan líquidos, especialmente alcohólicos.
B15alarde
ár al-ard ‘a exhibición’
Exhibición dunha serie de calidades propias do individuo, chegando á presunción e á vaidade en ocasións.
B17alarido
ár al-’garīd barullo, tumulto
Berro moi forte por mor dunha dor ou dunha situación de angustia.
B18alarife
ár al-arīf maestro, entendido, oficial
Mestre de obras dedicado aos labores de arquitectura e albanelaría.
B20albacora
ár al-bakūra clase de peixe
Atún branco.
B21albanel
ár albanní
Persoa que traballa na construción ou na reparación de edificios, tanto no interior coma no exterior.
B25albará
ár al-barā documento de liberdade ou exención
Documento en que consta un permiso ou unha obriga.
Documento que normalmente acompaña a mercadoría librada, e que indica a natureza e a cantidade, a data da libración e o nome do comprador e do vendedor, e que, se se está conforme, acredita a recepción da mercadoría.
Documento con que se legalizaba o transporte de mercadorías por todas as zonas fronteirizas do Reino de Castela.
Escritura gótica cursiva castelá dos ss XIII e XIV tal como se cría propia dos albarás.
C01albarda
ár al-barda’a ou al-barda’â
Peza ou aparello almofadado que consiste nun coxín cheo de palla, borra ou outros materiais que levan as bestas de carga, colocada no seu lombo e cinguida ao ventre por unhas correas.
C03albaricoque
ár andalusí al-barqúq ár clásico burqūq lat persĭca praecŏcia
Froito do albaricoqueiro de cor amarela laranxa, de tacto suave e cunha carabuña no interior.
C04albaroque
ár albaroc
Celebración ou comida en que participan os operarios ou os amigos despois dun traballo ou do remate dunha casa.
C05albeite
ár al-baitar gr ππιατρός
Veterinario sen título pero que exerce como tal curando animais doentes.
C07albízaras
ár andalusí albúšra ár al-bíšāra boa nova
Boas novas.
Agasallo que recibe a persoa que trae unha boa noticia.
C11alborozo
ár al-buruz ‘saír a recibir a alguén con berros de alegría’
Acción en que se produce unha enorme axitación ou perturbación.
Situación en que existe un grande entusiasmo.
C14alcabala
ár al-qabāla o contrato, o imposto
Tributo que gravaba as vendas de todos os produtos, pagado polo vendedor á facenda pública, consistente nunha porcentaxe do prezo que figuraba no contrato de compravenda.
C15alcachofa
ár al-jaršúf
Planta herbácea perenne do xénero Cynara da familia das fabáceas, de capítulos grosos con brácteas amplas e ovadas, carnosas na base e comestibles antes do desenvolvemento da flor.
C17alcaiata
mozárabe al-cayata lat caia ‘caxato’
Cravo en forma de ángulo recto que se coloca nas paredes para pendurar elementos como cadros, papeis ou outros.
C22alcaide
ár al-qaîd ‘ o xeneral’
Persoa que ten ó seu cargo a garda e defensa dunha fortaleza.
C23alcanfor
ár al-kāfūr
Substancia branca, cristalina e recendente, que se obtén a partir da madeira da canforeira. Emprégase como plastificante da celulosa e os seus éteres úsanse na fabricación de plásticos, lacas e vernices, en explosivos, pirotecnia e como bactericida en produtos farmacéuticos e cosméticos.
C25alcatrán
ár al-qa rān resina, brea’
Cada un dos materiais bituminosos, de cor escura, líquidos ou semilíquidos a temperatura ambiente e de composición variable, que se obteñen por destilación destrutiva do carbón.
D01alcaraván
ár al-qarawân
Ave da familia dos burhínidos que presenta plumaxe parda con manchas máis escuras, o ventre branco, os ollos grandes e amarelos e as patas longas. Habita en dunas e campos de cultivo, e aliméntase de presas pequenas, como lagartos ou escaravellos.
D03alcazaba
ár al-qasaba
Recinto fortificado das cidades amuralladas musulmáns.
D04alcoba
ár al-qubbâ ‘a bóveda, a tenda’
Apousento da casa destinado para durmir.
D05alcohol
hispanoárabe al-ku ūl por al-ku l ‘o colirio de po de antimonio’
Disolución que contén esencialmente etanol e se emprega como disolvente e desinfectante en uso externo e como depresor do sistema nervioso central en uso interno.
Toda clase de bebida obtida a partir dunha destilación.
D07alcrique
ár al-karaki ‘a pica’
Peixe teleósteo, da familia dos escomberesócidos. É unha especie epipeláxica, que forma grandes bancos en alta mar e que se alimenta de zooplancto e larvas de peixes.
Peixe beloniforme, semellante á agulla pero co corpo máis longo e comprimido, coas mandíbulas máis pequenas e con espiñas que non son verdes; presenta unhas aletas falsas detrás da dorsal e da anal, o lombo gris azulado e o ventre prateado; alpabarda, chandarme, pataguillón.
D10alcume
ár al-kuniâ ‘sobrenome’
Antropónimo engadido ao nome dunha persoa ou mesmo a todos os membros da mesma familia que vén motivado por algunha atribución persoal. 
D11alcuño
ár al-kuniâ ‘sobrenome’
Antropónimo engadido ao nome dunha persoa ou mesmo a todos os membros da mesma familia que vén motivado por algunha atribución persoal. 
D14aldea
ár a - ai’â ‘a finca rústica, o casal’
Entidade de poboación de pequeno tamaño, de ámbito inferior ao parroquial.
D15aldraba
ár a - abbâ ‘o picaporte, o ferrollo’
Peza articulada, xeralmente metálica, que vai pendurada na porta principal dunha casa, empregada para petar nela.
Obxecto composto por dúas pezas de metal que van unidas por un eixe sobre o que xiran, empregado para suxeitar as portas e ventás ao marco de tal xeito que poidan abrir e pechar.
Barra de ferro empregada para asegurar as portas e contras das ventás.
D17alecrín
ár al-ikhlil
Romeu.
Rosmarinus officinalis
Arbusto perennifolio, da familia das lamiáceas, moi aromático, que presenta follas endurecidas e lineares, coas marxes revolutas, flores azuladas, reunidas en ramalletes axilares, e froito en tetraquenio e que se emprega principalmente como condimento.
Chorima, flor de toxo.
D24alelí
ár al-jairī
Planta herbácea da familia das crucíferas, que se caracteriza pola presenza de pétalos vivamente coloreados, xeralmente violáceos ou rosados.
D25alfabaca
ár al-habaka ‘o asubiote’
Planta herbácea, da familia das lamiáceas, que presenta o talo ergueito, pubescente, as follas ovadas e obtusas, as inflorescencias con flores tubulares, pediceladas e agrupadas en cimas de cor rosa ou lila e o froito formado por catro núculas.
E01alfaia
ár al-hājâ o utensilio
Adorno persoal feito con pedras ou metais preciosos.
Calquera elemento de moito valor.
E03alfalfa
ár al-fasfa a
Planta herbácea perenne, da familia das fabáceas, que se cultiva como planta para forraxe.
E04alfándega
ár al-funduqā gr παν-δοχηε ον albergue, hostal’
Oficina do estado onde se rexistran as mercadorías de importación e exportación.
E05alfanxe
r al-hanjar ‘o puñal’
Sabre de folla longa e curva, con fío só por unha banda e polas dúas na punta, empregado polos musulmáns.
E07alfaquí
ár al-faqīh o xuriconsulto
Intérprete e definidor do fiqh ou dereito canónico musulmán.
E10alfareme
ár al- arām peza de tea de la branca’
Touca para cubrir a cabeza.
E11alférez
ár al-fāris o xinete, o cabaleiro
Oficial dos exércitos de Terra e Aire de España co grao máis baixo da súa escala dentro da carreira militar.
Grao do corpo xeral da Armada Española inmediatamente superior ao gardamariña e ao de alférez de fragata e inferior aos de tenente de navío e alférez de navío.
Cabaleiro que polo seu valor e pericia ecuestre, portaba o estandarte durante a loita. Pasou a denominarse subtenente.
Alférez maior 
Oficio outorgado polo rei para portar o pendón, as armas reais e municipais e amosalas diante do pobo.
E13alferga
ár al-hilqa ‘a argola’
Carapucha pequena que ampara o dedo que empurra a agulla ao coser.
E14alfil
ár al-fil persa pīl elefante
Peza de xogo de xadrez que se move en diagonal, cara a adiante ou cara a atrás, unha ou máis cuadrículas do taboleiro, sempre sen pasar por riba doutra peza. Hai dous brancos e dous negros.
E16alfinete
ár al-khilal
Agulla pequena de metal, con cabeza redondeada nun dos seus extremos.
Prendedor metálico que une dúas partes dunha prenda e se usa como adorno.
Peza de metal empregada no mundo prerromano e romano como agulla ou prendedor para o pelo.
Planta herbácea perenne, da familia das valerianáceas, de flores coa corola de cinco pétalos soldados nun tubo rematado nun alfinete inferior.
E17alfombra
r al-jumra ‘a esteira’
Tecido groso de diversos materiais co que se cobre o chan para resgardar do frío ou como ornamentación.
E18alforxa
r al-khurj ‘saco’
Bolsa ou saco dobre de dous compartimentos que, levada ás costas dunha persoa ou ao lombo de certos animais, serve para repartir e soportar a carga.
E19alfoz
ár al- awz ‘o distrito, o pago’
Barrio situado nas aforas dunha vila ou cidade.
Conxunto de localidades que se atopan baixo unha mesma xurisdición administrativa.
Termo ou circunscrición dunha cidade sobre a que tiñan xurisdición as autoridades municipais na Galicia medieval.
E20algarabía
ár al-’arabyya ‘a lingua árabe’
Plural: algarabías
Confusión e barullo que se produce polas voces e berros de moitas persoas xuntas.
Linguaxe empregada dun xeito inintelixible.
Lingua árabe, falada polas minorías musulmás nos estados cristiáns da Península Ibérica despois da eliminación do poder político musulmán.
E21algarismo
ár Al-Hwārizmī
Cada un dos signos usados para a representación sistemática de cantidades.
Procedemento de cálculo que consiste en cumprir unha serie de instrucións ordenadas e finitas que conducen á solución do problema.
E23algazara
ár al-gazāra locuacidade, ruído
Confusión de voces alegres proferidas por un grupo de persoas.
Conxunto de berros de guerra dunha tropa cando efectúa o ataque.
E24algodón
ár al-qun pronunciado al-qu un ou al-qu ūn
Fibra téxtil natural procedente das sementes do algodoeiro.
F01algoritmo
ár Al-Hwārizmī
Algarismo.
F07alguacil
ár al-wazīr o ministro, visir
Oficial encargado de facer cumprir a lei da administración de xustiza, no nome do rei ou da constitución.
Oficial inferior da xustiza que executa as ordes do tribunal ao que serve.
Funcionario municipal inferior executor dos mandatos do concello ou do alcalde.
Gobernador dunha poboación sarracena na Idade Media.
Xuíz ou xustiza dunha cidade na Hispania cristiá do s XII.
F09alguidal
ár al-quidâr o prato grande
Barreño.
F12alicate
ár al-liqāt tenaces
Instrumento formado por dúas pezas metálicas articuladas simetricamente mediante un pasador que serve para suxeitar, torcer ou cortar diversos elementos.
F13alicerce
ár al-isās fundación
Base ou cimentos dunha construción.
Base ou fundamento sobre a que se apoia unha idea ou principio tanto filosófico coma político e social.
F15alifafe
ár al-i āf
Achaque leve ou doenza crónica que padecen algunhas persoas.
Tumor acuoso situado entre o nervio do xarrete e o óso da perna dos cuadrúpedes.
F16almacén
ár al-majzan ‘o depósito’
Establecemento en que se acumulan grandes cantidades de mercadorías para seren posteriormente distribuídas ou vendidas por xunto.
F17almadía
ár al-madiya
Plataforma xeralmente de madeira que se emprega para o transporte por auga, especialmente no río; balsa.
F21almadraba
ár al-ma raba ‘o batedeiro’
Aparello de pesca de grandes dimensións, destinado principalmente para capturar bandadas de peixes migratorios, atúns sobre todo.
F25almadraque
ár al-ma ra ‘o leito, o colchón’
Colchón feito con palla ou herba seca.
Manta dobrada en forma de almofada para deitarse enriba.
G01almafí
ár ‘a m alfíl ‘dente de elefante’
Marfil.
Que vai do branco ao amarelo. Tm s m, referido a cor.
Materia dura e branca, calcificada que cobre a dentadura.
Material que forma parte dos cornos de certos mamíferos.
G02almanaque
ár al-manāj lat manāchu círculo dos meses
Conxunto de follas en que se rexistran a totalidade dos días do ano acompañado de datos astronómicos, prognósticos meteorolóxicos e datos das festas e feiras.
G03almenara
ár al-manāra o lugar da luz
Fogueira, especialmente a que se fai como sinal en outeiros e noutros lugares elevados.
G04almirante
ár al-amir o xefe, o que manda
Oficial que ocupa o cargo supremo de toda a armada dunha nación.
Oficial xeral da mariña de guerra.
G05almiscre
ár al-misk gr μόσχος
Secreción olorosa de sabor amargo, producida polos folículos prepuciais dun cérvido da especie Moschus moschiferus. Emprégase en medicina como antiespasmódico e na industria cosmética na fabricación de perfumes.
Perfume elaborado con esa substancia.
G06almocadén
ár al-muqaddem
Autoridade subalterna na cidade marroquí.
Sarxento do exército marroquí.
Xefe militar ou capitán que ordenaba as tropas de infantaría na milicia antiga.
G07almoeda
ár al-munādā o pregón
Poxa en público de determinados obxectos.
G09almofada
ár al-mujadda ‘o lugar para deitar a meixela’
Saco de tea cosido por todos os costados, cheo de material mulido para apoiar nel calquera parte do corpo.
Plástico esponxoso humedecido que serve para mollar selos de correos.
G10almofía
ár al-mujfiya ‘o vaso’
Recipiente en forma de cunca que serve para lavar as mans.
G12almogávar
ár al-mugāwir o que fai algaras
Guerreiro de oficio que nos reinos cristiáns hispánicos servía, desde o s XIII, para facer incursións en terras musulmás.
G15almohade
ár al-muwa ḥḥ id ‘o monoteísta, o unificador’
Relativo ou pertencente aos almohades.
Individuo da seita islámica almohade da tribo bérber dos masmuda.
Seita islámica fundada por Muḥammad ibn Tumart, da tribo bérber dos masmuda nos confíns do Atlas. Defendía a existencia dun deus único e as excelencias do Alcorán e a suna ante o crecente antropomorfismo relixioso dos musulmáns.
G17almorábide
ár al-murābi ‘o ermitaño’
Relativo ou pertencente aos almorábides.
Individuo da seita islámica almorábide.
Seita islámica orixinaria do Sáhara, fundada en 1042 por ‘Abd Allāh ibn Yāsīn.
G19almoxarife
ár al-mušrif ‘o inspector’
Encargado da recadación dos dereitos de alfándegas entre os sarracenos, na Idade Media.
Oficial que tiña a responsabilidade da percepción e a custodia das rendas e dereitos dos reis, nos reinos cristiáns da Península Ibérica, na Idade Media.
G21almude
ár al-mudd ‘medida de capacidade para grans’
Medida de capacidade antiga empregada para áridos e líquidos.
G25almuiña
ár al-munīa a herdade, o casal
Propiedade pequena, horta ou granxa situada cerca da casa ou nos arredores da cidade.
H09alpargata
hispano-ár al-pargāt pl de al-parga a abarca éusc abarka
Calzado de lona grosa con sola de cánabo trenzado con esparto ou fibra vexetal.
H10alquermes
ár al-qirmiz
Licor de mesa elaborado con canela e que se colorea con quermes.
Produto farmacéutico en que interveñen o quermes e substancias excitantes.
H11alquimia
ár al-kīmiyā a química gr χυμεία mestura de substancias’
Doutrina e estudo empírico e experimental dos feitos químicos durante a Antigüidade e a Idade Media, cuxos principais obxectivos foron a procura da pedra filosofal, supostamente capaz de converter os metais baixos en prata e ouro, e do elixir da longa vida, panacea universal capaz de alongar a vida indefinidamente. Na alquimia coexistiron sempre os aspectos experimental, filosófico, esotérico e místico, que foi a miúdo dominante. Pese a todo, as súas importantes descubertas formaron a indispensable base empírica sobre a que se edificou a química moderna.
H12alquitara
ár al-qa ṭṭ āra a que destila, o alambique’
Aparato que se utiliza para efectuar unha destilación simple, a escala industrial ou de laboratorio.
H14alxaba
ár al-ja’ab â
Estoxo de madeira ou bolsa de coiro que vai pendurado do ombreiro cunha correa, que se emprega para levar as frechas e setas.
Bolsa de pequeno tamaño para gardar algo.
H16alxamía
ár al-ajahiīīa lingua estranxeira
Nome que antigamente daban os mouros ás linguas románicas.
Nome que se aplica en árabe para designar as linguas estranxeiras, sobre todo para denominar os escritos en castelán con caracteres arábigos, propios dos mouriscos.
H17alxerife
ár al-jārif
Gran rede de arrastre rectangular, duns cen metros de longo e dez de alto, de malla de cincuenta milímetros, que leva por riba uns cortizos e pola parte inferior pandulleiras para que se manteña vertical. As cabezas rematan en dúas cordas ou tiros, unha de 450 m de longo e outra de 40 m, que tamén levan cortizos para poder tirar mellor delas. Lárgase durante o día dende unha barca, que deixa o tiro curto amarrado en terra mentres vai deitando a rede en forma de arco ata chegar de novo á beira, onde cinco homes tiran dela para coller o peixe. Emprégase no Baixo Miño para a pesca da zamborca e do salmón.
H21alxibe
ár al-jūbb o pozo
Cisterna, depósito amplo e de pouca profundidade, tallado na rocha ou feito de obra, revestido por dentro de pedras e cuberto dunha bóveda, que serve para recoller a auga da chuvia.
Construcción para o almacenamento de auga. Da época castrexa consérvanse restos do alxibe do Castro de Elviña.
Embarcación destinada ao transporte de auga.
Barco destinado ao transporte de petróleo.
I01alxube
ár al-jubb
Lugar subterráneo onde cumpren pena os presos.
I05ámbar
ár ‘anbar ‘cachalote’ ‘ámbar gris que se forma no intestino do cachalote, no Océano Índico’
Resina fósil de diversas coníferas, que pode ser de cor amarela, azul ou translúcido e pode conter fósiles en inclusión.
I06andalusí
ár Al-Andalus
Relativo ou pertencente a Al-Andalus ou aos seus habitantes.
Natural ou habitante de Al-Andalus.
I07andaluz
ár Al-Andalus
Relativo ou pertencente a Al-Andalus ou aos seus habitantes.
Natural ou habitante de Al-Andalus.
I08anil
ár an-nīl planta ou pasta azul-escura sacada do índigo, cor azul-escura’
Arbusto do xénero Indigofera, que pertence á familia das fabáceas.
Substancia colorante de cor azul que se extrae dalgunhas especies do xénero Indigofera.
Cor escura que forma parte do espectro solar e que se sitúa entre o azul e o violeta.
I10arancel
ár al-anzel produtos`
Imposto que pagan os bens importados a un estado e, nalgúns casos, certos bens exportados.
Documento público no que se sinalan as mercadorías e o imposto que se debe aplicar a cada unha para o comercio exterior.
I12argola
ár al-gulla ‘colar, anel’
Peza de metal, madeira ou outro material resistente, en forma de círculo, que se emprega para reter ou amarrar algunha cousa.
Peza circular de ferro fixada na parte exterior da porta que serve para chamar e para tirar dela ao pechala.
Peza en forma de anel con parafuso ou cravo para inserila no ferrollo.
Peza de ferro que serve para unir táboas grandes en substitución dunha atadura con cordas.
Aparato ximnástico empregado para practicar exercicios de suspensión e sostemento que consta de dous aneis de madeira pulida que penduran de dúas cordas fixadas ao teito ou a unha barra horizontal.
Pena aplicada na Idade Media aos delincuentes, aos que se lles colocaba cadeas e argolas ao pescozo.
Peza tubular que se coloca dentro do zapato para poder pasarlle a man por dentro e coser o calzado.
I13arrabalde
ár ar-rabad ‘barrio das aforas’
Barrio situado fóra do recinto da poboación.
Zona próxima nos arredores dunha poboación.
I14arracada
ár al-qarrāt o pendente
Peza de ourivaría destinada ao ornato corporal, característica da Idade do Ferro en toda Europa, con forma de pendente colgante.
I15arraial
ár al-rihâla ‘campamento’
Lugar onde acampan as tropas.
Lugar onde se celebra unha festa ou feira.
I16arraián
ár al-raihân ‘o aromático, o mirto’
Mirto.
Arbusto, da familia das mirtáceas, de follas opostas e perennes, flores axilares pequenas, brancas e olorosas, e froito en baga de cor negra azulada.
I17arrecife
ár ar-rasīf a calzada
Conxunto de pedras ou sedimentos mariños, dispostos a rentes da auga ou moi preto da superficie, que supoñen un risco para a navegación.
I18arroba
ár ar-ruba’a ‘un cuarto’
Medida de peso con diversas correspondencias no sistema métrico segundo as zonas, que equivale a uns 12 quilos. Como medida de capacidade para líquidos, equivale a uns 16 litros.
Signo (@) que se emprega na Internet e que significa "en".
I19arroz
ár ar-ruzz
Planta herbácea anual, da familia das poáceas, que presenta follas lineais e ásperas, e espigas estreitas e pendurantes na madurez. Cultívase en terreos moi húmidos e climas cálidos, e constitúe o alimento básico de gran parte da humanidade.
Gran da planta do arroz.
I20asasino
ár hassasin ‘os bebedores de haxis’
Que asasina. Tm s.
Relativo ou pertencente á seita islámica nizarita.
I21ata
ár hatta
Termo ou límite ao que se chega no espazo, no tempo, na acción e na cantidade.
I23atafal
ár at-thafr
Banda que suxeita a sela ou albarda ás ancas da cabalaría, pasando or debaixo do rabo.
J01atalaia
ár attali’a ‘espía’
Torre construída nun lugar alto para poder vixiar un campo amplo e avisar do que se descobre.
Calquera lugar alto desde o que se outea unha zona grande de terreo.
J03atracar
ár al-taraqqa ’ acción de ancorar a nave ’
Atacar algo ou a alguén obrigándoo a dar o que se lle manda, xeralmente coa axuda dunha arma.
Colocar unha embarcación ao lado dun peirao, cargador ou ribeira, ou doutra embarcación xa amarrada á terra.
Chegar á terra unha embarcación.
Fartarse de comida.
J04atún
ár at-tūn ou at-tunn lat thŭnnus gr ϴ ύννος atún’
Peixe, da familia dos escómbridos, que se caracteriza por presentar corpo fusiforme, coroado por dúas aletas dorsais, e que engloba 48 especies de distribución mundial. Trátase de especies peláxicas de costumes migratorias, xeralmente gregarias.
J05auxe
ár aw ǧ o punto máis alto do ceo, apoxeo’
Punto ou momento de maior intensidade referido a unha calidade, circunstancia ou acontecemento.
J06axorca
ár ax-xurka ‘o brazalete’
Brazalete que se usa para adornar brazos, pulsos e nocellos.
J09axóuxere
ár al-yawhar ‘as perlas’
Bóla oca de metal de tamaño variable, con perforacións e cunha pequena asa para pendurar, que contén pedriñas responsables do son que emite o instrumento ao axitalo.
Xoguete de plástico, consistente nunha esfera oca, unida a un pequeno mango, que contén no seu interior unha serie de boliñas soltas que producen son ao axitarse.
J15azafate
ár as-safat ‘a cesta’
Cesto de vimbio plano con forma de bandexa.
J17azafrán
ár az-zafarān
Planta herbácea vivaz da familia das iridáceas, bulbosas, que presentan follas estreitas, flores grandes, de cor violácea e con tres estigmas longos e escarlatas, e  froitos capsulares. Os seus estigmas desecados constitúen a especie de azafrán, empregada como condimento e como colorante.
Cor amarela alaranxada propia do azafrán.
Condimento que se emprega para dar cor amarela, sabor e perfume a pratos que o requiren.
J18azagaia
ár az-zagāiâ
Punta do proxectil que ten un ou máis escotes para impedir que volva atrás unha vez que penetrou no corpo contra o que foi lanzado.
Lanza de tiro curto e de pouco peso, probablemente de orixe árabe.
J20azaque
ár az-zaka ‘a esmola ritual’
No islam, esmola legal obrigatoria, considerada unha das cinco obrigas principais dos musulmáns.
J23azougue
ár az-zauq
Praza pública ou mercado.
Mercurio.
J25azouta
ár as-sūt o látigo
Golpe dado coas mans nas nádegas.
K01azucena
ár as-sūsāna o lirio
Planta monocotiledónea da familia das amarilidáceas ou das liliáceas, apreciada por presentar flores grandes e de cores vivas.
K05azucre
ár as-sukkar
Substancia doce e cristalina presente no zume de gran número de plantas.
Nome xenérico de gran número de substancias doces análogas á sacarosa.
K07azul
ár lāzūrd lapislázuli
Que é de cor semellante á do mar ou á do ceo sen nubes durante o día.
A cor azul.
K08azulexo
ár az-zulaiy ‘o tixoliño’
Elemento decorativo de cerámica que serve para cubrir as paredes dos baños, da cociña e que, por extensión, tamén se emprega noutros espazos da casa.
K09badana
ár bitāna forro
Pel de ovella ou de carneiro, que se emprega para forrar calzado, facer accesorios e tamén en encadernación e traballos de coiro fino.
Pel que ten o gando vacún por debaixo do pescozo.
Aleta ventral ou pectoral dos peixes.
K11badulaque
mozárabe *berdolaca lat portulaca
Que demostra no que fai que non ten moito xuízo.
Que non lle gusta o traballo.
K14baldar
ár battala ‘deixar inútil’
Experimentar un enorme cansazo.
Alterar ou impedir, un accidente ou unha doenza, o uso dalgún membro do corpo.
K15balde
ár battala ‘deixar inútil’
De modo gratuíto.
K16baraza
ár maraç ‘corda’
Fita delgada que serve para atar ou suxeitar algunha cousa.
K18barazo
ár maraç ‘corda’
Baraza.
K19barbacá
ár b-al-bagara ‘porta das vacas’
Fortificación avanzada para a defensa das portas e foxos dun castelo ou unha muralla.
K20barril
ár barmil
Recipiente de madeira feito con doelas unidas por aros onde se transportan ou gardan certos líquidos.
Recipiente de barro avultado na parte do medio, con asas e cunha ou dúas bocas estreitas, unha para encher e outra para beber.
Medida de capacidade que se emprega no petróleo bruto e equivale a 120 litros.
K21barrio
ár barri
Espazo urbano singularizado respecto ao seu contorno por diversos aspectos.
Zona situada nos arredores dunha poboación.
Lugar dunha parroquia.
Conxunto de varias construcións castrexas e os seus anexos, que poden quedar individualizados no conxunto do castro por un pequeno muro.
Zona urbana onde vive a xente máis modesta.
K22bata
ár batt ‘vestido groso’
Peza de vestir, cómoda e folgada, aberta por detrás ou por diante que se utiliza para diferentes tipos de traballo.
Peza de vestir que adoita ser cómoda e estar aberta por diante, usada xeralmente para estar pola casa.
K24batán
ár battan ‘barriga ou fol’
Máquina artesanal que  composta de dous mazos para bater os tecidos, funciona pola forza hidráulica.
Folón.
K25batea
ár battiya ‘artesa’
Plataforma flotante fixada no mar con cordas penduradas para a cría de mexillóns ou ostras.
Embarcación plana que se emprega en ríos e zonas portuarias para o transporte de mercadorías.
L01beduíno
ár badawī que vive no deserto
Relativo ou pertencente aos beduínos.
Individuo das tribos nómades ou seminómades beduínas.
Tribos nómades ou seminómades de orixe árabe, que habitan as estepas e os desertos de Oriente Medio e de África Setentrional.
L02belota
ár albulut aciñeira
Froito do carballo e doutras árbores da familia das fabáceas, como a aciñeira e a sobreira, ovoide, cuberto por unha casca dura rematada por un carapucho duro polo que está unido á árbore.
Landra.
L03berenxena
ár bādinyāna
Planta herbácea anual, da familia das solanáceas, orixinaria de India, de follas grosas, talo fortemente pubescente e flores brancas ou azuis. O froito é unha baga de cor morada.
Froito en baga da planta do mesmo nome, carnoso, de forma alongada ou arredondada e cores diversas.
L05boro
ár alburun
Elemento non metálico que pertence ao grupo III A da táboa periódica, de número de oxidación 3 e masa atómica 10,81. O boro emprégase en técnicas nucleares, e como mellorador de combustibles en motores de reacción.
L06café
ár qáhwa e turco qahvé
Cafeeira.
Semente liberada do resto do froito en baga da cafeeira. OBS: Tamén se denomina café verde.
Bebida feita por infusión ou cocemento destas sementes, machucadas ou moídas da cafeeira, é tónica, estimulante e moi aromática.
L09cafre
ár kāfir infiel
Relativo ou pertencente aos cafres.
Que se comporta de forma bárbara ou bruta.
Nome que reciben dentro do Islam os que non son musulmáns. Os europeos designaron con este nome os pobos de lingua bantú de África Sudoriental.
L11calafatear
ár qalafāt
Tapar con estopa e brea as táboas dos barcos para impedir que entre a auga.
Tapar con papel ou estopa as xuntas das doelas das cubas para que non vertan.
L14calamita
ár qaramit ‘agulla imantada’
Pedra imán, magnetita.
L16califa
ár halīfa ‘sucesor ou lugartenente
Xefe supremo do Islam que reúne o poder civil e relixioso.
L17caniza
ár kaniza
Elemento construtivo da arquitectura vernácula.
Hórreo formado por vimbios entretecidos, xeralmente cilíndrico e móbil.
Recipiente de vimbio ou canas usado para transportar uvas durante a vendima.
Armazón de canas, varas ou vimbios entretecidos, utilizada para diversos usos.
Armazón feita de táboas, canas, varas ou vimbios entretecidos que se coloca entre os fungueiros do carro para amarrar a carga.
Aveño de labranza constituído por unha estrutura de táboas e varas entretecidas que se usa para achaiar a terra.
Estrutura de paus e varas entretecidos colocada á entrada dunha propiedade como porta.
Armazón feita de táboas entretecidas con canas ou vimbios que se coloca a certa altura sobre o lume para secar ou afumar alimentos.
L20carraca
ár harraqa ‘nave grande’
Buque de gran tonelaxe que a partir do s XIII se destinou á carga e ao transporte de tropas.
Barco lento ou moi vello.
Vehículo lento e deteriorado.
Obxecto ou aparato avariado e inútil.
Persoa vella que goza de pouca saúde.
Aparato de madeira que consiste nunha roda dentada que bate cunha ou varias láminas e que produce un ruído moi característico.
Roda dentada de determinados mecanismos e ferramentas que unicamente permite que esta xire sempre na mesma dirección.
Peza de ferro do muíño situada sobre o pau do rodicio.
L24ceca
ár sikka ‘lugar onde se cuña moeda’
Lugar onde se cuña moeda.
M04ceifa
ár çaifa ‘verán, sega’
Colleita do cereal.
Época en que se realiza a recolección dos cereais.
Temporada en que se leva a cabo un labor determinado.
Esforzo que comporta a realización dunha tarefa.
M07cenoria
ár vulgar safunâriya gr στα ϕ υλίνη αγρία cenoria silvestre’
Planta herbácea bienal, da familia das apiáceas, de follas bipinnatisectas, con flores brancas ou rosas, dispostas en umbelas compostas e de froitos aculeados en aquenio.
Raíz comestible da planta do mesmo nome que ten forma fusiforme, consistencia dura, pero zumenta e cor alaranxada.
M08cénit
ár samt (ar-ra’s) ‘a paraxe da cabeza’
Punto de intersección do hemisferio celeste situado sobre un observador coa vertical astronómica do lugar xeográfico deste observador.
M09cero
ár ifr ‘baleiro, cero’
Cifra que representa a ausencia de unidades e é o elemento neutro na suma de números enteiros.
Representación gráfica dese número.
Nota máis baixa que se pode obter nunha cualificación.
Ningunha cousa.
Punto desde o que se comezan a contar os graos ou as divisións dunha escala.
M10chafariz
ár ahrí ǧ chorro’
Fonte pública cun ou máis canos por onde sae a auga a chorro.
Chorro de auga que sae do chan ou dunha fonte en sentido vertical.
M11chazo
ár vg gasr trave’
Instrumento empregado para apertar os arcos das cubas de viño.
Cuña de madeira que asegura os marcos de portas e ventás.
Corte que se lle dá á madeira para comprobar o seu estado.
Burato que ten o xugo na parte central.
M12cifra
ár ifr ‘ cero’
Cada un dos caracteres do sistema decimal que representan unha cantidade.
Cantidade en números.
Código de signos convencionais con significado secreto.
Explicación que permite entender unha mensaxe cifrada.
M13citra
ár sitara
Sinal ou aboladura que se fai sobre algunha cousa.
M16copto
ár kuft ‘Exipto’
Relativo ou pertencente aos coptos ou á lingua copta.
Individuo da comunidade copta.
Comunidade minoritaria de Exipto, caracterizada orixinariamente pola práctica do cristianismo monofisita pero, coa lenta adopción da relixión musulmá, pasou a denominar os cristiáns exipcios.
Lingua camítica derivada do antigo exipcio. Posúe un alfabeto propio. Segundo os documentos escritos coñecidos, divídese en distintos dialectos, correspondentes ás diferentes rexións de Exipto. A comunidade cristiá copta fala árabe e o uso da lingua copta é unicamente ritual.
M17cotón
ár al-qun pronunciado al-qu un ou al-qu ūn
Algodón.
Fibra téxtil natural procedente das sementes do algodoeiro.
Peluxe que soltan os tecidos a causa do seu uso.
M19cuscús
ár al-kuskus
Prato típico do N de África, preparado con sémola de trigo, millo ou arroz e anacos de carne.
M25dado
ár dad ‘xogo’
Peza en forma de cubo que ten as caras sinaladas con puntos do un ao seis, ou con distintas figuras, e que se utiliza para diversos xogos de azar.
Xogo que se realiza con dados e que consiste en tirar estes de maneira que cada xogador saque a combinación que teña máis valor.
Cousa que ten unha forma máis ou menos cúbica.
Peza cúbica, cun oco nun dos seus eixes, que serve de coxín fixo para o soporte de árbores verticais.
N04diván
ár dīwān persa dēwān
Especie de sofá baixo, sen respaldo, que ten coxíns soltos e que pode facer de leito.
Sala onde se reunía o consello de estado no Imperio Otomán.
Nome que recibiu o consello que foi, ata o s XVII, o organismo central do goberno do Imperio Otomán.
Colección na literatura islámica de obras poéticas dun autor.
N06eiva
ár aib ‘defecto’
Defecto físico que padece un organismo.
Defecto moral que impide que algo ou alguén se axuste ao modelo esixido ou desexado.
N09elixir
ár al’iiksir ‘pedra filosofal’
Líquido medicamentoso composto por distintas substancias medicinais que están disoltas nun alcohol do 10 ao 15%.
Cousa que ten un efecto máxico ou marabilloso.
Substancia esencial dun corpo.
Auga mercurial que se extraía da pedra filosofal por licuefacción ou por redución, segundo algúns alquimistas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
N11embelecar
ár bala ou balí ‘calamidade, mal de amores’
Enganar a alguén con artificios e falsas aparencias.
N15emir
ár amīr xefe
Príncipe, xefe militar ou gobernador nos países islámicos.
N22enxoval
ár šuwār dote de casamento
Conxunto de mobles, alfaias, roupa ou outras cousas, que achegan os noivos cando casan.
Conxunto de mobles, roupa e outras cousas que son de uso corrente nunha casa.
Conxunto de roupas e outras cousas necesarias para un neno que acaba de nacer.
Enxoval funerario [ARQUEOL ] 
Conxunto de obxectos, tanto útiles como votivos, que aparecen xunto ao defunto.
N25escabeche
hispanoárabe assukkabā ǧ
Especialidade culinaria que se fai cun adubo de aceite, vinagre, sal, loureiro e outros ingredientes co que se preparan en semiconserva peixes e outras viandas.
Ñ01escarlata
hispanoárabe ‘iškirlâ a ‘tecido de seda brocado de ouro’ gr bizantino σιγιλλ ã τος lat textu sigillatu ‘pano selado ou marcado’
Aplícase á cor vermella viva e intensa e ás cousas que a presentan.
Materia colorante de cor vermella viva cun punto de amarelo. Extráese da cochinilla da especie Coccus ilicis.
Tea de seda brocada, tinxida cun colorante extraído da cochinilla.
Ñ02falleba
ár andalusí hallába
Barra de ferro cilíndrica que xira suxeita en varios aneis e que serve para pechar unha porta ou unha fiestra.
Ñ04faquir
ár faqīr pobre, místico
Asceta hindú que mediante intensas prácticas místicas consegue unha extraordinaria capacidade de control sobre as súas funcións vitais.
Asceta mendicante mahometano que rexeita a propiedade privada e se somete á vontade divina.
Ilusionista especializado en manifestacións de insensibilidade física, como camiñar descalzo sobre cravos ou vidros.
Ñ05farruco
hispanoárabe farrúğ polo, galo novo?
Que amosa arrogancia, atrevemento e insolencia na forma de comportarse ou nos seus ditos.
Que mostra unha actitude persistente ante unha idea ou forma de actuar.
Aplícase á persoa que para a idade que ten atópase forte, con saúde e bo aspecto.
Que actúa ou mostra moita fachenda e satisfacción de si mesmo.
Ñ07fazaña
ár vulgar asána ár ásana ‘boa acción’, influenciado polo antigo fazer ‘facer’
Acción heroica que require de moito valor e esforzo para levala a cabo.
Resolución ditada polo xuíz segundo o seu libre arbitrio que creaba xurisprudencia e se convertía nun elemento creador do dereito castelán medieval.
Ñ09fideo
ár ou mozárabe fidáwš
Pasta alimenticia de fariña en forma de fío delgado e cilíndrico que se come cocida.
Ñ10fideuá
Fideos
Preparación culinaria que consiste nunha especie de guiso de fideos que se cociñan ata eliminar totalmente a auga.
Ñ13forro
ár hura ‘libre’
Aplícase ao escravo que logrou a liberdade.
Que está libre ou exento de algo.
Ñ16fulano
ár fulan ‘tal’
Palabra coa que se substitúe o nome dunha persoa cando se descoñece ou non se quere pronunciar; individuo.
N17fustán
ár fustât ‘tea de algodón’
Tecido forte de algodón cunha cara cardada e moi peluda.
Ñ19gacela
ár hispánico azíil, do ár clásico gāzāl
Antílope, do xénero Gazella, que ten corpo delgado, pescozo longo e cola curta. A pelaxe é de cor castaña clara por riba e branca por baixo, cun deseño de riscos brancos e negros na cara. Teñen cornos anelados.
Ñ20gabán
ár qabâ’ ‘capa’
Peza de vestir semellante a unha capa con mangas e ás veces con capucha.
Peza de vestir que se pon por riba doutra roupa para abrigarse.
Ñ22gálibo
ár hispánico qálib ár clásico qālib gr καλόπους molde’
Perfil exterior máximo que se pode dar ao contorno do vehículo para que poida pasar polos túneles e por outras instalacións fixas da vía.
Arco en forma de U invertido ou outro dispositivo que marca o gálibo para atravesar un túnel ou unha ponte.
Molde que empregan os carpinteiros de ribeira para contornear pezas dunha embarcación.
Ñ24gandulo
ár gandur ‘mozo fachendoso’
Folgazán
ár clásico kaslān
Que non traballa ou non lle gusta traballar. 
Ñ25gándara
ár ghandara
Superficie plana que, debido a unha disposición topográfica endorreica e unha litoloxía impermeable, adoita estar asolagada.
002garaxe
ár kiraj
Local destinado a gardar vehículos.
O06garbo
ár qalib ‘modelo’
Elegancia nos movementos corporais.
Ímpeto e desenvoltura con que se fai algo.
Sentimento de superioridade con respecto aos demais.
O11garra
ár garfa ‘puñado’
Pé de certos animais, como o león, o can ou as aves de rapina, que remata en unllas fortes e agudas, preparadas para agarrar e esgazar.
Man grande e torpe.
O12garrafa
ár garrafâ ‘vaso de barro vidrado’
Asila ampla, arredondada e co colo curto, xeralmente de vidro que se emprega para conter líquidos.
O14garrafón
ár garrafâ
Garrafa grande.
Bebida alcohólica que ten as súas propiedades adulteradas.
O15gasa
ár clásico azz ou qazz persa gaz ou kaž ‘seda’
Tea moi clara e fina de fío ou seda, que se caracteriza pola separación, relativamente grande, coa que van colocados os fíos da urda e da trama.
Tira de gasa hidrófila, esterilizada, que se emprega como apósito ou vendaxe.
O16guata
Ár wadà ‘poñer o forro’
Lámina grosa de algodón en rama, xeralmente engomada por ambas as dúas caras, que se emprega para facer acolchados ou recheos.
O18harén
ár arīm o prohibido’
Parte da casa na que viven as mulleres e os nenos ata os 10 anos nos países islámicos.
Conxunto das mulleres dun musulmán.
Conxunto de femias que nos animais polígamos ou sociais, fecundan cun determinado macho na época de procreación e coidan da súa prole.
O20haxemita
ár hāšimī
Relativo ou pertencente aos haxemitas.
Membro da dinastía haxemita.
Dinastía descendente de Hāšim, antecesor de Mahoma.
O21haxix
ár īš herba seca’
Produto elaborado a partir da resina, rica en cannabinol e outros alcaloides, que se obtén das flores femininas de cánabo indio mesturada con substancias aromáticas e azucradas. Constitúe unha droga de propiedades narcóticas, euforizantes e alucinóxenas que se pode fumar, beber ou mastigar.
O22hurí
ár clásico ūr alayn persa uri as que teñen os ollos fermosos polo contraste entre branco e negro’
Muller belísima e virxe que, segundo a crenza musulmá, habita no paraíso de Mahoma como compañeira dos benaventurados.
O23Intifada
ár intifada ‘sublebación
Insurrección popular palestina, iniciada en 1987 contra a ocupación israelí dos territorios de Gaza e Cisxordania.
O24islam
ár islām
Islamismo.
Conxunto de pobos, países e estados musulmáns desde o punto de vista sociocultural, político e relixioso.
P01jaima
ár jaima
Tenda propia dos campamentos dos nómades africanos do deserto.
P02kif
ár kayf
Po de cánabo indio que se emprega para fumar.
P06laca
ár hispano lákk ár lakk persa lāk sáncr lākkā
Resina producida polos insectos da subfamilia dos lacciferinos. Emprégase na fabricación de vernices, no tratamento das peles e na decoración de obxectos de arte.
Resina producida pola exsudación de certos vexetais. Principalmente provén de árbores dos xéneros Rhus e Melanorhoea. Aplicada en películas finas, endurécese en contacto co aire e vólvese transparente e resistente aos ácidos, aos alcalinos e a boa parte dos disolventes orgánicos. Emprégase na preparación dos vernices.
Verniz duro e brillante que se obtén a base de laca natural ou de produtos sintéticos.
Composto insoluble, con cor propia, que resulta da acción dun colorante sobre un mordente.
Produto que se fai con resinas sintéticas que, vaporizado sobre os cabelos, os recobre dunha capa protectora e evita que se despinten.
P07lacena
ár al- jazāna
Armario de parede con estantes nos que se gardan alimentos e diferentes obxectos.
P08lacazán
ár alkusul ‘preguiceiro’
Que non ten vontade de traballar e adoita non facer nada. 
P10laranxa
ár naranjâ persa narang ‘laranxa’
Unha das sete cores do espectro solar. As lonxitudes de onda da luz laranxa compréndese entre 5.970 Å e 6.220 Å.
Froito comestible da laranxeira que ten forma redondeada, ovalada ou periforme, tamaño variable e está dividido internamente en cuarteiróns. O seu sabor é doce ou agridoce e ten un elevado contido vitamínico e de diversos sales minerais. Tamén contén aminoácidos e pectinas.
Cor entre amarela e vermella.
P11latón
ár latun
Aliaxe de cobre e cinc e, eventualmente, pequenas cantidades doutros metais (Pb, Sn, Al, Mn ou Si). Ten numerosas aplicacións en quincalla e ornamentación, fabricación de cartuchos e instrumentos de música.
P12laúde
ár hispánico al’úd ár ‘ūd
Instrumento cordófono, composto e sen cordal, de orixe oriental. A caixa, en forma de media pera, está unida a un mango de lonxitude variable. As cordas, habitualmente cinco dobres e unha sinxela chamada prima, son pinzadas.
Cordófono composto en que a caixa de resonancia, con ou sen cordal, vai unida a un mango de lonxitude e anchura variables.
Pequena embarcación de arco variable aparellada con vela latina para a pesca e a cabotaxe.
P13leilán
ár dallal ‘pregoar’
Que leva unha vida desleixada e descoida as súas obrigas e mesmo o seu aspecto. 
P14lima
ár lima
Froito da limeira.
P15limón
ár alaymoun
Froito do limoeiro, de sabor ácido, que se utiliza como condimento ou para preparar zumes.
P16limoada
ár easir allaymun
Bebida refrescante feita con zume de limón, auga e azucre.
Bebida refrescante, de produción industrial, que se fai con ácido fosfórico, cítrico ou tartárico.
P20machucho
ár ma ‘gúg ‘xente do norte’
Que actúa con precaución.
Que ten idade madura.
P21madorra
Mámoa.
Q10magarza
Planta herbácea anual, da familia das asteráceas, de talo pubescente, follas divididas, capítulos de flores liguladas brancas e froitos en aquenio. O seu cheiro é desagradable e emprégase como insecticida.
Q12mahdi
Restaurador do Islam na Terra, segundo a escatoloxía musulmá.
Título que recibiron varios reformadores relixiosos do Islam.
Sobrenome adoptado por diversos califas.
Q13mameluco
ár mamlūk escravo
Relativo ou pertencente aos mamelucos.
Membro dun corpo de escravos, turcos polo xeral, que constituían a garda persoal dos soldados de Exipto.
Q16mandil
ár hispánico mandíl lat mantēle toalla, mantel
Peza de roupa que, atada á cintura e ás veces ao pescozo, se emprega en determinados labores para evitar que se manche a parte dianteira do corpo.
Baeta que se emprega para dar ao cabalo a última man de limpeza.
Emblema dos masóns que representaba o uniforme empregado polos obreiros.
Q17maquía
ár makîla
Unidade métrica tradicional galega que se emprega para medir o volume dos grans, legumes ou aceite, de valor variable e que xeralmente equivale á sexta parte dun ferrado.
Recipiente de madeira ou de metal que se emprega para esta medida.
R01marfil
ár ‘a m alfíl ‘dente de elefante’
Que vai do branco ao amarelo. Tm s m, referido a cor.
Materia dura e branca, calcificada que cobre a dentadura.
Material que forma parte dos cornos de certos mamíferos.
R02maroma
ár hispánico mabrúma ár mabrūmah retorta
Corda grosa de esparto, cánabo ou outros materiais.
R03marrán
ár mahran ‘prohibido’
Porco.
Que amosa falta de limpeza ou hixiene no aspecto persoal ou ao facer as cousas.
Apelativo que se daba nos reinos cristiáns da Península Ibérica aos xudeus e musulmáns conversos ao cristianismo, especialmente se seguían practicando a súa relixión en segredo.
R04máscara
ár mas arah ‘obxecto de risa’
Figura de diferentes materiais, que imita unha cara, con buracos para os ollos e a boca, co que unha persoa cobre o rostro.
Peza de veludo ou satén con buratos para os ollos, utilizada para tapar a cara e non ser recoñecido.
Peza empregada para protexer a cara.
Gorgueira e tea metálica bordeadas con coiro que, en esgrima, se adapta á cara por medio dunha tira elástica.
R05mastaba
ár mastaba ‘banco’
Tumba exipcia antiga que consistía nunha estrutura con cámara funeraria e sarcófago e unha cámara de ofrendas.
R06mazaroca
ár masura
Mazorga.
Espiga sobre a que se agrupan os grans do millo.
R07mihrab
ár mihrab
Nicho aberto nun dos muros das mesquitas, o que sinala a dirección á Meca, cara a onde deben orar os fieis musulmáns.
R09mocárabe
ár muqarbas ‘adorno de talla’
Elemento decorativo propio da arte musulmá, que se obtén mediante a combinación xeométrica de prismas entestados e truncados polo extremo inferior en forma de superficie cóncava e que se coloca en fileiras superpostas ou elevándose en progresión. OBS: Tamén se denomina almocárabe.
R11momia
ár clásico mūmiyā betume para embalsamar cadáveres persa mun cera
Cadáver que se pode conservar indefinidamente, a causa dun proceso de desecación ou ben pola maneira de enterralo.
Persoa moi delgada.
Persoa que queda parada ou que contempla algo como aparvada e sen moverse.
R13mono
ár maimun ‘feliz’
Primate superior, en particular os da familia dos cercopitécidos.
Primate platirrino arborícola que pertence ao xenero Ateles, da familia dos cébidos, que presenta extremidades longas e rabo prénsil e longo, e que se alimenta de froita e insectos.
Capuchino.
Mamífero, da familia dos cercopitécidos. Habita nas zonas boscosas de Marrocos e de Alxeria e atópase tamén en Xibraltar, pero crese que neste último lugar foi introducido.
Narigudo.
Mamífero, da familia dos cébidos, pertencente ao xénero Alouatta. Son simios de cola prénsil e talla grande, que grazas á caixa de resonancia do seu óso hiodes teñen unha poderosa voz.
Mamífero da familia dos cercopitécidos, gregarios, que se alimentan de froitas, follas, sementes e invertebrados e habita en todo tipo de bosques.
Persoa que fai o mono ou monadas.
Síndrome de abstinencia dun drogadicto.
R15mozárabe
ár musta’rab ‘arabizado’
Relativo ou pertencente aos mozárabes ou á súa lingua.
Individuo do pobo mozárabe.
Grupo de poboación cristiá que conservou a súa relixión baixo a dominación islámica da Península Ibérica.
Fala románica que empregaban os mozárabes e tamén os muladís ou indíxenas renegados do cristianismo.
R17mudéxar
ár mudaŷŷan
Relativo ou pertencente aos mudéxares.
Musulmán que permaneceu na Península Ibérica baixo dominación cristiá.
R19nácara
ár náqra
Substancia dura, branca, brillante con reflexos iridescentes, que unha vez cristalizada integra a capa interior de certas cunchas.
R20nacra
ár naqar ‘buguina’
Molusco lamelibranquio, da familia dos pínidos, que presenta unha cuncha que pode alcanzar 80 cm de longo.
Cuncha de caracol mariña que servía de corno.
Timbal usado antigamente.
R21nadir
ár na īr homólogo’
Punto da esfera celeste diametralmente oposto ao cénit.
R22nécora
ár naqara ‘pandeiro’
Cangrexo decápodo, da familia dos portúnidos, cunha cuncha pentagonal pilosa, de cor variable e co primeiro par de patas modificado nunhas pinzas.
Crustáceo decápodo, da familia dos portúnidos, de cuncha oval de cor vermella con manchas amarelas.
R23nenúfar
ár nainufar
Ara.
R24nesga
ár hispánico *násqa ár clásico nasqash ‘composición’
Peza de tea triangular que se cose a un vestido para darlle máis folgura.
R25noca
ár naqar ‘buguina’
Crustáceo da orde dos decadópodos, de cacho groso con forma ovada e superficie pouco rugosa. OBS: Tamén se denomina boi.
S01nora
ár naúra
Aparato hidráulico que se emprega para extraer auga dun pozo e que consta dunha roda de madeira en que están colocados certos recipientes nos que se recolle a auga.
Enxeño mecánico en forma de roda xigante, con asentos na circunferencia, que se utiliza como diversión en festas e parques de atraccións.
S07olé!
ár 'awalah!
Expresa ledicia e aprobación.
S10oxalá
ár 'in sha' allh
Expresa o desexo de que algo suceda.
S11papagaio
ár babbagā
Ave, da orde dos psitaciformes, que se caracteriza por ter o peteiro curvo, a lingua carnosa, catro dedos nas patas e a plumaxe moi vistosa. Se se domestica pode imitar a fala humana.
Persoa que fala sen mesura.
S13paxá
turco paşa
Título honorífico dalgúns altos personaxes turcos.
Gobernador dunha provincia en Turquía.
Título dado aos altos cargos da administración civil e militar otomá e aos grandes señores do Imperio.
S14pelouro
mozárabe *peroulo, dim lat petra ‘pedra’
Pedra pequena, lisa e arredondada polo efecto da erosión.
Pedra de gran tamaño.
S17quermes
ár qirmiz ‘cochinilla’
Insecto, da familia dos cóccidos, que pertence ao xénero Kermes, con corpo globuloso e segmentos espiñentos, que vive sobre plantas das que se alimenta e provoca a formación de bugallos.
S19quilate
ár qīrā gr κεράτιον peso de catro gramos’
Unidade de medida en que se expresa a lei das aliaxes de ouro, definida como cada unha das partes de ouro puro das 24 en que se divide unha aliaxe de ouro.
Unidade de peso empregada en xoiaría, equivalente a 0,2 g.
Grao de perfección e calidade dunha cousa.
S25quintal
ár hispánico qintār
Unidade galega de peso cun valor que varía, segundo a zona, entre 47 e 60 quilogramos.
T01rabadán
ár rabb a - a’n ‘dono dos carneiros’
Pastor principal dun rabaño que pode ter ás súas ordes a outros pastores.
T03rabel
ár rabāb
Antigo instrumento musical de orixe árabe, de tres cordas, que se tocaba cun arco curto e curvado.
T04racú
Embarcación a remos e con vela latina. Rede de cerco para pescar sardiña.
T05rapañota
Acción de recoller unha cousa que desexan varias persoas. OBS: Adoita empregarse na locución adverbial á(s) rapañota(s).
T07rebato
ár hispánico ribá ár clásico ribā
Chamada apresurada ou sinal de alarma para advertir dun perigo inmediato.
T09reberete
ár ribat ‘lazo ou amarre’
Cinta que se pon á beira dunha peza de roupa, de calzado ou doutra cousa como ornamento ou como reforzo.
Adorno esaxerado.
T11recua
ár hispánico rákbah
Conxunto de animais de carga.
Conxunto de persoas ou cousas que van xuntas ou unha despois doutra.
T13refén
ár vulgar rihan ár rahn ‘peñor’
Persoa que permanece en poder doutra persoa ou colectivo como garantía de algo ou como elemento de presión nunha negociación.
T14regueifa
ár ar-ragîfa
Molete de pan adornado con ovo, caramelo, azucre e outros ingredientes con que se obsequia nas vodas aos convidados e aos veciños dos noivos.
Disputa dialéctica improvisada e en verso entre dúas ou máis persoas.
Roscón con que se premia a quen mellor o fai na regueifa.
Discusión ou enfrontamento entre dúas ou máis persoas.
T17risco
Trazo longo e delgado que se fai ao escribir ou debuxar, en especial o que serve para tapar ou sinalar.
Corte feito nalgunha cousa cun instrumento afiado.
Circunstancia ameazadora provocada por un perigo incerto.
Elemento que produce esa situación.
T19roque
ár ruhh persa rah ‘carro de guerra’
Figura que representa a torre no xadrez.
T21samargo
ár sarmaq
Planta herbácea silvestre, da familia das brasicáceas, que presenta follas liradas, flores brancas ou amarelas con veas máis escuras nos pétalos, dispostas en espiga, e froito en sílicua.
Saramago
T22sandía
ár hisp *sandíyya ár clásico sindiyyah, de Sind rexión paquistaní da que procede
Planta herbácea anual, da familia das cucurbitáceas, que presenta talos prostrados, longos e asperamente pilosos, follas lobuladas, flores amarelas e froitos en pepónide comestibles.
Froito desta planta.
T23saramago
ár sarmaq
Planta herbácea silvestre, da familia das brasicáceas, que presenta follas liradas, flores brancas ou amarelas con veas máis escuras nos pétalos, dispostas en espiga, e froito en sílicua.
T25sobaco
Axila.
U01sultán
ár sul ān
Soberano ou príncipe do pobo turco e mongol.
U03sunna
ár sunna ‘regra’
Comportamento habitual de Mahoma nas diversas circunstancias da vida que, agás casos excepcionais, ten valor de dogma para os crentes.
Costume observado na aplicación do dereito musulmán.
Colección de sentenzas ordeadas que posteriormente pasaron a ser un tratado de filosofía ou teoloxía.
U04sura
ár surah ‘secuencia’
Nome de cada un dos 114 capítulos do Alcorán.
U05tabal
ár tabaq ‘cesto’
Recipiente de madeira que se usa para gardar sardiñas salgadas.
U07tabán
Díptero do xénero Tabanus, da familia dos tabánidos, que ten un aparato bucal picador.
U09tabique
ár tašbīk parede de tixolo
Parede de pouco grosor que divide os cuartos dunha casa.
División plana e delgada que separa dous espazos ou cavidades nun organismo.
U11tafetá
persa tāfte tecido
Tea fina de seda, lisa e lustrosa.
U12tafilete
topónimo Tafilalet
Coiro moi delgado de cabra, flexible e lustroso.
U13tafona
ár tahūna `moa de muiño’
Lugar onde se coce e vende o pan.
U14taifa
ár tāifa destacamento
Cada un dos diversos estados que xurdiron en Al-Andalus como consecuencia do afundimento e desmembramento do Califato de Córdoba.
Soberano que gobernou cada un dos reinos de taifas.
U17talco
ár hispánico álq ár clásico alq persa talk
Silicato de magnesio hidratado, que cristaliza no sistema monoclínico en cristais de cor verde, branca ou gris, moi suave, brando, untuoso ao tacto e moi adherente.
U19taleiga
ár hispánico ta`líqa ár clásico ta`līqah saco
Saco que se emprega para gardar ou transportar cousas.
Cantidade que cabe neste saco.
Antiga medida de capacidade que equivalía á cantidade de trigo dun saco.
U21talibán
ár talib ‘estudante’
Relativo ou pertencente aos talibáns.
Membro dos talibáns.
Movemento integrista islámico radical afgán que gobernou ditatorialmente o país (1996-2001) e que impuxo como lei fundamental a šarī’a.
U22tamareira
ár tamra ‘dátil’
Nome vulgar dunha palmeira de gran tamaño orixinaria do norte de África.
U23tamarindo
ár tamr hindi
Árbore, da familia das cesalpiniáceas, que ten as follas pinnadas e colgantes, as flores amarelas e o froito en legume.
U25tareco
ár hispánico taráyik ár clásico tarāik obxecto abandonado
Obxecto de pouco valor.
V01tarefa
ár arī a ‘encarga’
Labor ou traballo calquera que se debe facer.
V03tarifa
ár hispánico tarí’fa ár clásico ta’rīfah, de tarīf
Prezo estipulado para determinados servizos, xeralmente presentado en forma de táboa ou catálogo.
V04tarima
ár arīma estrado de madeira’
Plataforma de madeira movible colocada un pouco máis elevada ca o pavimento.
Estrado de madeira que servía de cama aos soldados.
V05tarrafa
ár hispánico terrāha
Arte de pesca do cerco para coller sardiña.
Barco que se usa para esta arte.
V07tarraxa
ár tarrâ a
Ferramenta de aceiro con que se fan as roscas dos parafusos.
Freo do carro.
Peza de madeira cunha chapa metálica que se usa para facer molduras en xeso ou outras pastas.
V10tecla
cruzamento do lat tardío *thecula, dim de theca ‘caixa’, e o ár hispánico táqra bérber tegra ‘cunco’
Cada unha das pequenas pancas dos instrumentos do teclado sobre as que se apoia o dedo para producir o son desexado.
Cada un dos botóns que serven para accionar os mecanismos dunha máquina de escribir, dun ordenador ou dunha linotipia.
Cada un dos elementos que hai que ter en conta para conseguir algo.
V11tixola
Utensilio de cociña de forma redonda e pouco fondo que ten un mango para suxeitalo e que serve para fritir alimentos.
V12tega
ár hispánico ta`líqa ár clásico ta`līqah saco
Saco que se emprega para gardar ou transportar cousas.
Cantidade que cabe neste saco.
Antiga medida de capacidade que equivalía á cantidade de trigo dun saco.
V16tuareg
Relativo ou pertencente ao pobo tuareg ou á súa lingua.
Individuo do pobo tuareg.
Pobo norteafricano de raza bérber con forte mestizaxe con negros sudaneses, que conservan o alfabeto tifinag.
Lingua bérber que fala o pobo tuareg.
V17tutía
ár tutiya
Óxido de cinc impuro.
V19uadi
ár wadī
Curso intermitente de auga, característico de zonas desérticas e semidesérticas.
V21varano
ár waran
Réptil saurio que pertence ao xénero Varanus, da familia dos varánidos.
V22verdoaga
mozárabe berdiláqaš lat portulacā
Beldroega.
V23xa
Indica que a acción ou feito realizado polo verbo está cumprido.
Indica que a acción ou feito realizado polo verbo vai ter lugar inmediatamente.
Indica, en construcións distributivas, dúas posibilidades.
V25xabaril
ár ğabalī
Mamífero omnívoro, da familia dos suídos, de corpo macizo e compacto, co pelame de cor gris escura a negra, lombo prominente, patas curtas e fortes, cabeza alongada co fociño truncado, móbil e ben desenvolvido.
X01xabeira
ár yaba
Lugar onde se concentra un gran número de polbos.
X07xácoma
ár šakîma ‘cabestro’
Cabezada feita con corda que se usa para prender as bestas.
X12xadrez
ár hispánico aššatranğ ou ašši ranğ
Xogo de mesa que disputan dous contrincantes, con dezaseis pezas cada un, sobre un taboleiro dividido en cadros brancos e negros, segundo as regras específicas do xogo.
Conxunto do taboleiro e das pezas deste xogo.
X13xaque
ár šāh persa šāh
Xogada de xadrez onde o rei está ameazado por outra peza contraria.
Situación de ameaza ou perigo.
X14xaqueca
ár hispánico šaqíqa ár clásico šaqīqah
Dor forte de cabeza.
X15xareta
ár hispánico šaríta ár clásico šarītah cinta
Corda que pecha a rede de cerco pola parte inferior.
Arte de pesca do cerco.
X17xarope
ar šarāb poción
Medicamento en forma de líquido espeso e viscoso, que está constituído por solución de azucre en auga cunha mestura de substancias medicinais.
Solución concentrada de auga e azucre.
X19xasmín
ár hispánico yas[a]mín ár clásico yāsamīn
Planta arbustiva, da familia das oleáceas, que presenta follas pinnadas e opostas e froito en baga de cor negra e brillante.
Flor desta planta.
X25xávega
ár hispánico šábka ár clásico šabakah ‘rede’
Arte de pesca que consiste nunha rede longa, con cope e dúas bandas das que se tira desde terra.
Z01xeque
ár šáy ‘ancián, señor’
Xefe dun territorio ou dunha comunidade no mundo árabe.
Z02xerra
ár ğárra
Recipiente estreito na base e na boca e ancho no medio, con asa e bico, que serve para conter e servir líquidos.
Z03xibón
ár yubba ‘gabán con mangas’
Peza antiga de roupa que usaban os homes e que cubría ata a cintura.
Z04xiíta
ár shii ‘partidario de Alí’
Membro da seita islámica que defende que a dirección espiritual da comunidade lle corresponde exclusivamente a ‘Alī e aos seus descendentes.
Z05xilaba
ár marroquí zellaba ár ğilbāb
Peza de roupa mourisca masculina que consiste nun manto longo dotado de mangas e carapucha.
Z06xinete
ár zeneti, pobo bérber famoso pola súa cabalaría
Persoa que monta a cabalo.
Z07xirafa
ár clásico zurāfah ou zarāfah
Mamífero artiodáctilo, da familia dos xiráfidos, que presenta pescozo e patas alongados e pelame amarelo con manchas negras.
Z10xulepe
ár hispánico ğulláb ár ul[l]āb persa gol āb auga de rosas’
Calmante feito con auga destilada, xaropes e outros materiais medicinais.
Xogo de azar con naipes.
Z11zafarse
ár zâh ‘desaparecer’
Conseguir liberarse dunha cousa ou persoa.
Evitar facer algo.
Z12zafiro
ár safir
Variedade do corindón, de cor azul intensa que se debe á presenza de ferro e titanio.
Z15zafra
Peza de ferro que serve para traballar os metais dando golpes sobre ela cun martelo.
Z17zaga
ár sâqa
Parte posterior de algo.
Liña defensiva dun equipo.
Z19zalema
ár salema
Paz.
Z20zamancos
mozárabe amink ‘zapato’
Zoco de coiro con sola de madeira.
Z21zambra
ár samr ‘instrumentos musicais’
Festa con baile e canto propia de mouriscos e xitanos.
Z22zaragolas
ár sarawil ‘calzóns’
Cirolas.
Z23zátaro
ár zaratân
Lorcho.
Z24zoco
ár sûq
Mercado árabe.
Z25zoina
ár sàìn
Persoa hipócrita e astuta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

KIRIGAMI

XEOMETRÍA E ARQUITECTURA DE PAPEL. As plantillas. K...