mércores, 4 de decembro de 2019

TEMARIO EPVA 3 ESO


UNIDADES DIDÁCTICAS

EPVA 3ESO

APLICATIVOS NECESARIOS:
INKSCAPE, MUSESCORE, AUDACITY, OPENSHOT VIDEO EDITOR, LIBRECAD

1 AVALIACIÓN

UD 1.1 O PROCESO CREATIVO
EPVAB1.1.1. Crear composicións aplicando procesos creativos sinxelos, mediante propostas por escrito, axustándose aos obxectivos finais.
EPVAB1.1.2. Coñecer e aplicar métodos creativos para a elaboración de deseño gráfico, deseños de produto, moda e as súas múltiples aplicacións.
EPVAB1.2.1. Reflexionar e avalía, oralmente e por escrito, o proceso creativo propio e alleo desde a idea inicial ata a execución definitiva.

UD 1.2 A ICONICIDADE, O BOSQUEXO
EPVAB1.3.1. Comprender e empregar os niveis de iconicidade da imaxe gráfica, elaborando bosquexos, apuntamentos, e debuxos esquemáticos, analíticos e miméticos.

UD 1.3 A COR
EPVAB1.4.1. Realizar modificacións da cor e as súas propiedades empregando técnicas propias da cor pigmento e da cor luz, aplicando as TIC, para expresar sensacións en composicións sinxelas.
EPVAB1.4.2. Representar con claroscuro a sensación espacial de composicións volumétricas sinxelas.
EPVAB1.4.3. Realizar composicións abstractas con diferentes técnicas gráficas para expresar sensacións por medio do uso da cor.

UD 1.4 MATERIAIS E TÉCNICAS
EPVAB1.5.1. Utilizar con propiedade as técnicas gráfico-plásticas coñecidas aplicándoas de forma axeitada ao obxectivo da actividade.
EPVAB1.5.2. Utilizar o lapis de grafito e de cor, creando o claroscuro en composicións figurativas e abstractas mediante a aplicación do lapis de forma continua en superficies homoxéneas ou degradadas.
EPVAB1.5.3. Experimentar coas témperas aplicando a técnica de diferentes formas (pinceis, esponxas, goteos, distintos graos de humidade, estampaxes, etc.), valorando as posibilidades expresivas segundo o grao de opacidade e a creación de texturas visuais cromáticas.
EPVAB1.5.4. Utilizar o papel como material, manipulándoo, resgando ou pregando, creando texturas visuais e táctiles para crear composicións, colaxes matéricas e figuras tridimensionais.
EPVAB1.5.5. Crear co papel recortado formas abstractas e figurativas compóndoas con fins ilustrativos, decorativos ou comunicativos
EPVAB1.5.6. Aproveitar materiais reciclados para a elaboración de obras de forma responsable co medio e aproveitando as súas calidades gráfico-plásticas.
EPVAB1.5.7 Manter o seu espazo de traballo e o seu material en perfecto orde e estado, e achegándoo á aula cando é necesario para a elaboración das actividades.

2 AVALIACIÓN

UD 2.1 PERCEPCIÓN VISUAL
EPVAB2.1.1. Analizar as causas polas que se produce unha ilusión óptica aplicando coñecementos dos procesos perceptivos.
EPVAB2.2.1. Identificar e clasifica ilusións ópticas segundo as leis da Gestalt.
EPVAB2.2.2. Deseñar ilusións ópticas baseándose nas leis da Gestalt.
Percepción visual. 
EPVAB2.3.1. Elaborar unha animación con medios dixitais e/ou analóxicos.

UD 2.3 A LINGUAXE VISUAL
EPVAB2.4.1. Distinguir significante e significado nun signo visual.
EPVAB2.5.1. Realizar a lectura obxectiva dunha imaxe identificando, clasificando e describindo os seus elementos.
EPVAB2.5.2. Analizar unha imaxe, mediante unha lectura subxectiva, identificando os elementos de significación, narrativos e as ferramentas visuais utilizadas, sacando conclusións e interpretando o seu significado.
UD 2.4 A FOTOGRAFÍA
EPVAB2.6.1. Identifica encadramentos e puntos de vista nunha fotografía.
EPVAB2.6.2. Realizar fotografías con distintos encadramentos e puntos de vista, aplicando diferentes leis compositivas.
EPVAB2.7.1 Deseñar, en equipo, mensaxes visuais e audiovisuais con distintas funcións utilizando diferentes linguaxes e códigos, seguindo de xeito ordenado as fases do proceso (guión técnico, storyboard, realización, etc.), e valora de xeito crítico os resultados.

UD 2.5 A PUBLICIDADE
EPVAB2.8.1. Identifica os recursos visuais presentes en mensaxes publicitarias visuais e audiovisuais.
EPVAB2.9.1. Deseñar unha mensaxe publicitaria utilizando recursos visuais como as figuras retóricas.

UD 2.6 CINE E LINGUAXE MULTIMEDIA
EPVAB2.10.1 Reflexionar criticamente sobre unha obra de cine, situándoa no seu contexto e analizando a narrativa cinematográfica en relación coa mensaxe.
EPVAB2.11.1. Elaborar documentos multimedia para presentar un tema ou proxecto, empregando os recursos dixitais de xeito axeitado.

A exposición virtual.
ARTE DE VARIAR
O LIBRO DA AUGA
PARES ESTEREOSCÓPICOS
A FIESTRA PERDIDA DE DURERO
TECNOLOXÍA TÉXTIL
3 AVALIACIÓN

UD 3.1 ELEMENTOS XEOMÉTRICOS FUNDAMENTAIS, REPASO
EPVAB3.1.1 Traza as rectas que pasan por cada par de puntos, usando a regra, resalta o triángulo que se forma.
EPVAB3.3.1 Construír unha circunferencia lobulada de seis elementos, utilizando o compás.
EPVAB3.5.1 Identificar os ángulos de 30º, 45º, 60º e 90º na escuadra e no cartabón.
EPVAB3.6.1 Sumar ou restar ángulos positivos ou negativos con regra e compás.
EPVAB3.7.1 Construír a bisectriz dun ángulo calquera, con regra e compás.
EPVAB3.8.1 Sumar ou restar segmentos, sobre unha recta, medindo coa regra ou utilizando o compás.
EPVAB3.9.1 Trazar a mediatriz dun segmento utilizando compás e regra. Tamén utilizando regra, escuadra e cartabón.
EPVAB3.10.1 Dividir un segmento en partes iguais, aplicando o teorema de Thales.
EPVAB3.10.2 Escalar un polígono aplicando o teorema de Thales.

Tarefa para entregar por e-mail.-

a) Realiza o deseño, empregando  cores, dun rosetón lobulado de seis elementos a partir dunha circunferencia de R=5 cm.
b) Debuxa un triángulo A´B´C´ semellante ao triángulo dado ABC no que os lados teñan o triple do  valor do triángulo dado inicial empregando o teorema de Thales.






UD 3.2 LUGAR XEOMÉTRICO
EPVAB3.1.1.Explicar verbalmente ou por escrito os exemplos máis comúns de lugares xeométricos (mediatriz, bisectriz, circunferencia, esfera, rectas paralelas, planos paralelos, etc.).

Tarefa para entregar por e-mail.-
a) Investiga sobre o concepto de lugar xeométrico e define un exemplo que non esté na lámina adxunta.
b) Define os seguintes lugares xeométricos:
Mediatriz.-
Bisectriz.-
Mediana.-
Recta paralela a unha dada.-
Circunferencia concéntrica.-
Elipse.-
Hipérbola.-
Parábola.-




UD 3.3 POLÍGONOS
EPVAB3.2.1.Clasificar correctamente calquera polígono de tres a cinco lados, diferenciando claramente se é regular ou irregular.
EPVAB3.3.1.Construir correctamente polígonos regulares de ata cinco lados, coñecendo o lado.

UD 3.4 TANXENCIAS E ENLACES
EPVAB3.4.1.Resolver correctamente os casos de tanxencia entre circunferencias, utilizando adecuadamente as ferramentas.
EPVAB3.4.2.Resolver correctamente os casos de tanxencia entre circunferencias e rectas, utilizando adecuadamente as ferramentas.
EPVAB3.5.1.Construir correctamente un óvalo regular, coñecen do o diámetro maior.
EPVAB3.6.1.Construir varios tipos de óvalos e ovoides, segundo os diámetros coñecidos.
EPVAB3.7.1.Construir correctamente espirais de dous, tres, catro e cinco centros.

UD 3.5 SIMETRÍA, XIRO E TRASLACIÓN
EPVAB3.8.1.Executar deseños aplicando repeticións, xiros e simetrías de módulos.

UD 3.6 VISTAS
EPVAB3.9.1. Debuxar correctamente as vistas principais de volumes frecuentes, identificando as tres proxeccións dos seus vértices e as súas arestas.

UD 3.7 SISTEMAS DE REPRESENACIÓN ESPACIAL
EPVAB3.10.1 Construír a perspectiva cabaleira de prismas e cilindros simples, aplicando correctamente coeficientes de redución sinxelos.
EPVAB3.11.1 Realizar perspectivas isométricas de volumes sinxelos, utilizando correctamente a escuadra e o cartabón para o trazado de paralelas.

Xeometría


DOCUMENTOS DE DEBUXO TÉCNICO

TITORIAIS LIBRECAD



EXAME EPVA 3 ESO 1 AVALIACIÓN.




1 Realiza unha interpretación da fotografía combinando a técnica do punto e a técnica da liña.
2 Realiza unha interpretación da fotografía coa técnica do claroscuro empregando lapis de grafito. 

 


Interpretación combinando punto e liña.


Claroscuro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

KIRIGAMI

XEOMETRÍA E ARQUITECTURA DE PAPEL. As plantillas. K...